O Concelleiro de Deportes, José Manuel Grandío, presentou hoxe o Campus Lugobasquet 2010 que terá lugar en Lugo do 27 de xuño ó 3 de xuño e que se dirixe a rapaces de 7 a 18 anos.
Na presentación tamén participaron Patricia Rico, Delegada da Federación de Baloncesto en Lugo, Santiago Argüeso, Vicepresidente do Clube Ensino; Antón Veiga, da área de Deportes da Deputación, e Iván García, coordinador de actividades do Clube Ensino.
Durante os días 12 e 13 de xuño terá lugar na praza do Seminario Menor o primeiro Mercadillo de Trastos Belos Cidade de Lugo que foi presentado hoxe polo Concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e o organizador do evento José Novo. A intención deste mercadillo, ademais de divulgar o nome de Lugo e os seus patrocinadores tanto a nivel nacional como internacional, é ser un referente anual neste tipo de eventos.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, asistiu onte, 26 de maio, á festa de fin de curso das Escolas Municipais de Patinaxe.
A clausura tivo lugar no pavillón municipal da Piringalla e asistiron unha gran cantidade de nenos e nenas, así como adultos que se calzaron os patíns, algúns por primeira vez, asistidos polos monitores.
Ademais de disfrutar dos patíns os participantes merendaron no pavillón.
O sábado 22 de maio a partir das 17.00 horas terá lugar unha nova proba do X Circuíto de Carreiras Populares Larsa Corre Con Nós.
A carreira terá lugar no circuíto da zona verde do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e contará coa participación de máis de 2.700 atletas.
Horario das carreiras e distancias:
- Categoría Mini: 211 inscritos sairán ás 17:00 horas e percorrerán 480 metros.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou xunto á Xefa Territorial de Presidencia da Xunta, Marta Barreiro, e o Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Óscar Engroba, o desfile que organiza esta asociación en colaboración co Concello co fin de recadar fondos para os seus clubs deportivos.
Neste evento participarán máis de 200 persoas, entre os modelos e os 8 equipos que serán presentados esa noite.
O Concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, e o presidente do Club Fuvial, Eduardo Núñez Torrón, e José Antonio Fernández, director técnico da escola de piragüismo do club presentaron os cursos de piragüismo organizados polo Concello de Lugo e a entidade lucense que permitirá aos rapaces e rapazas de a partir de 10 anos iniciarse neste deporte tan arraigado na cidade.
A Concellería de Deportes e Turismo que dirixe José Manuel Díaz Grandío, colabora co Club La Venatoria na organización do 9º Open Autonómico de Pesca Infantil e Xuvenil Memorial Manolo Rouco.
Esta cita deportiva terá lugar o vindeiro luns 17 de maio no Club Fuvial co seguinte horario:
14:00.- Presentación e adxudicación de postos
15:00.- Comezo da proba
18:00.- Final do concurso e pesaxe
18:30.- Proclamación dos campións e entrega de trofeos
O Concelleiro de deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, Berta Figueras e Rubén Día da Escola Star Dance presentaron o I IDSF OPEN LATIN Muralla de Lugo, que terá lugar o domingo 16 de maio no Pavillón de Deportes Municipal.
A Concellería de Deportes e Turismo que dirixe José Manuel Díaz Grandío, investirá no 2010 un total de 25.000 euros en axudas para persoas con talento deportivo no 2010.
O Autobús da Selección Española de Fútbol de Banesto chegou esta mañá a Lugo dentro da xira que está a realizar por toda España en apoio á “Roja” no próximo Mundial de Sudáfrica.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- …
- seguinte ›
- última »