O 9º Open Autonómico de Pesca Infantil e Xuvenil Memorial Manolo Rouco celébrase a vindeira semana na cidade

Xoves, 13 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes e Turismo que dirixe José Manuel Díaz Grandío, colabora co Club La Venatoria na organización do 9º Open Autonómico de Pesca Infantil e Xuvenil Memorial Manolo Rouco.

Esta cita deportiva terá lugar o vindeiro luns 17 de maio no Club Fuvial co seguinte horario:

14:00.- Presentación e adxudicación de postos
15:00.- Comezo da proba
18:00.- Final do concurso e pesaxe
18:30.- Proclamación dos campións e entrega de trofeos

Ata o de agora hai 63 inscritos, o prazo de inscrición remata o mesmo día ás 14:00 horas. Os interesados en participar poden anotarse no Club Fuvial de Lugo.

www.clubfluviallugo.com

 

Noticias relacionadas