O Concello de Lugo concederá 25.000 euros de axudas económicas a persoas con talento deportivo

Luns, 10 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes e Turismo que dirixe José Manuel Díaz Grandío, investirá no 2010 un total de 25.000 euros en axudas para persoas con talento deportivo no 2010.

Estas axudas teñen como obxectivo apoiar a práctica e mellora do rendemento deportivo nas respectivas modalidades, así como os gastos derivados do necesario reforzo académico daqueles deportistas que ao longo do ano anterior teñan destacado pola súa participación en eventos deportivos con resultados relevantes, tanto a nivel rexional, nacional ou internacional.

A Concellería de Deportes dará especial prioridade nos criterios de valoración ás deportistas femininas e deportistas con algunha discapacidade.

Na pasada anualidade o Concello concedeu un total de 22 axudas a deportistas, a 12 mulleres e 10 homes.

Os solicitantes deben ser deportistas afeccionados, menores e 21 anos e maiores de 13, estar federados na modalidade que practica e empadroados no Concello de Lugo no ano anterior á publicación das bases das axudas.

As solicitudes poderán ser presentadas no prazo de UN MES contado a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia

Pode coñecer as bases e descargar a solicitude desde a sección "Tramita na túa casa"

Noticias relacionadas