A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o voceiro municipal, Miguel Fernández, secundaron este xoves unha vez máis a concentración convocada pola Asociación de Veciños e Comerciantes da Residencia para seguir reivindicando a dotación de servizos neste barrio.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, o Xerente do HULA, Ramón Ares, e o Presidente da Asociación Nacional de Ciliopatías, José Carlos Pumar, participaron este xoves na Xornada Científica de Enfermidades Ultrararas, que tivo lugar no HULA.
A páxina web do Concello www.lugo.gal recibiu un total de 232.759 visitas durante os primeiros oito meses do ano. O número de usuarios que accederon ao portal municipal neste período foi de 125.918, que visitaron 947.707 páxinas.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou esta mañá, xunto ao presidente da Deputación e da Fundación TIC, Darío Campos, na presentación dos novos cursos gratuítos do InLugo para maiores de 55 anos, que terán lugar no derradeiro trimestre de 2016.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, participaron este mércores, acompañados de centos de veciños, no “abrazo reivindicativo á Muralla”, no que solicitaron un maior compromiso das administracións competentes coa sanidade pública do país; máis concretamente
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, compartiu este venres con enxeñeiros industriais un almorzo de traballo sobre o Lugo Smart City.
O portal de transparencia do Concello de Lugo, www.transparenciaconcellolugo.gal, recibiu máis de 2.500 visitas dende a súa posta en funcionamento, o pasado mes de maio.
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) atendeu un total de 196 reclamacións no que vai de ano, resolvendo o 84,5% das reclamacións presentadas, grazas ao seu papel mediador entre o consumidor e a empresa.
O Concello informa de que entre o luns 8 e o luns 15 de agosto, ambos os dous inclusive, permanecerá exposto ao público nas oficinas municipais o censo electoral para os comicios autonómicos convocados para o 25 de setembro, co obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados no municipio de
Preto de vinte mil persoas solicitaron a Tarxeta Cidadá do Concello dende a súa posta en funcionamento no mes de abril do 2011. Trátase dun dispositivo intelixente multiservizo, que lle permite aos usuarios identificarse e facer uso dos servizos municipais dun modo máis rápido e sinxelo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- …
- seguinte ›
- última »