Preto de vinte mil persoas solicitaron a Tarxeta Cidadá do Concello dende que se puxo en funcionamento

Este dispositivo, que serve para facer uso dos servizos municipais dun modo máis rápido e sinxelo, foi solicitado por 742 persoas durante o primeiro semestre deste ano

Os interesados en obter a Tarxeta Cidadá deberán imprimir o documento de ingreso dende a web lugo.gal, acudir ao banco a pagar as taxas e entregar a documentación nas instalacións municipais da Ronda da Muralla, 197

Xoves, 04 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Preto de vinte mil persoas solicitaron a Tarxeta Cidadá do Concello dende a súa posta en funcionamento no mes de abril do 2011. Trátase dun dispositivo intelixente multiservizo, que lle permite aos usuarios identificarse e facer uso dos servizos municipais dun modo máis rápido e sinxelo.

O Concello emitiu 742 tarxetas no primeiro semestre do ano 2016. O mes no que máis solicitudes se rexistraron foi abril, con 124. Este dispositivo polivalente serve, entre outros servizos, para aboar o transporte público.

A Tarxeta Cidadá pódena obter todas as persoas que vivan no termo municipal de Lugo, mesmo sen estar empadroado no Concello. Os interesados deberán imprimir o documento de ingreso dende a web lugo.gal, acudir ao banco a pagar as taxas e entregar a documentación nas instalacións municipais da Ronda da Muralla, 197. De xeito inmediato recibirán a tarxeta, que non pode ser cargada ata o día seguinte. O seu uso é exclusivamente persoal e intransferible e non ten data de caducidade.

Audio

Noticias relacionadas