Carta de servizos da Concellería de Deportes

Presentación

A Concellería de Deportes encárgase de garantir o correcto funcionamento das instalacións deportivas municipais e de ofrecer servizos e actividades que contribúan a promover a práctica do deporte e da actividade física no Concello.

Contamos para isto coas seguintes instalacións deportivas:

Complexo Polideportivo de Frigsa

  • Oficinas da Concellería de Deportes
  • Piscinas climatizadas: 2 vasos
  • Piscinas descubertas de verán: 2 vasos e 1 prato
  • Polideportivo Municipal de Frigsa:
    • Cancha de baloncesto
    • Pistas de tenis: 4 pistas descubertas e 1 pista cuberta en proxecto
    • Instalación de tenis de mesa
  • Polideportivo Municipal Casa do Deporte 
    • Cancha de futbol sala, balonmán, baloncesto e voleibol (3 campos)
    • Galería de tiro de aire comprimido
  • Campo de Fútbol Luís L. Gorgoso: fútbol 11 e fútbol 7
  • Circuíto de radiocontrol
  • Pista de skate
  • Volei praia

Complexo Deportivo As Pedreiras

  • Piscina climatizada, sauna e sala multiusos
  • Pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera, de 400 metros con 8 rúas
  • Campo de rugby

Pavillón Municipal dos Deportes

  • Pista polideportiva de 25 x 42 metros.
  • Gradas con capacidade para 2.500 persoas

Polideportivo Municipal de A Piringalla

  • Pista acondicionada para a práctica de hóckey liña. Capacidade para 100 persoas
  • Pista Municipal de Tenis

Polideportivo Municipal O Pombal

  • 3 pistas de tenis
  • 2 pistas polideportivas independentes, unha de 23 x 42 metros e outra de 31 x 17 metros.
  • Rocódromo (boulder).
  • Ximnasio de boxeo.

Campos de fútbol As Gándaras

  • 2 Campos de herba artificial de 95 x 58 metros
  • Fútbol 7 e fútbol 11

Campo de Fútbol de A Cheda

  • Campo de herba artificial con gradas para 300 persoas
  • Fútbol 11 e fútbol 7

Outros campos de Fútbol

  • Campo de Fútbol O Polvorín: campo de herba artificial (fútbol 11 e fútbol 7)
  • Campo de Fútbol de O Ceao (Polígono de O Ceao)
  • Campo de Futbol de Nadela: campo de herba artificial

Outras instalacións deportivas

  • Pistas de Atletismo “Cidade Cultural” (Avenida Rodríguez Mourelo s/n). 
  • Campo de Beisbol de O Ceao (Polígono de O Ceao)

Servizos que prestamos

  • Informamos ás cidadás e cidadáns sobre os servizos que prestamos e as instalacións deportivas municipais dispoñibles.
  • Xestionamos as inscricións nas Escolas Deportivas Municipais, contando coas seguintes disciplinas: baloncesto, ciclismo, boxeo, loita, béisbol, tiro con arco, hóckey, patinaxe, tenis, tenis de mesa, tríatlon, ximnasia de mantemento, ximnasia rítmica, deportes para maiores, natación, Tiro con Arco, Piragüismo
  • Tramitamos as baixas nas Escolas Deportivas Municipais.
  • Asesoramos ás persoas interesadas sobre a incorporación a calquera outra modalidade deportiva.
  • Asinamos convenios cos ximnasios da cidade para a actividade física en idade adulta.
  • Tramitamos as inscricións en cursos de natación.
  • Emitimos abonos para piscinas municipais.
  • Tramitamos as reservas de instalacións deportivas municipais.
  • Xestionamos os horarios para adestramentos e competicións en instalacións deportivas.
  • Levamos a cabo o mantemento das instalacións deportivas municipais e das instalacións deportivas dos Colexios de Educación Infantil e Primaria (CEIP) do Concello.
  • Organizamos eventos deportivos, xestionamos as inscricións e difundimos a información a través da web municipal.
  • Tramitamos subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento das actividades propias das mesmas.
  • Tramitamos subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos.
  • Tramitamos subvencións a deportistas con talento deportivo.

Os nosos compromisos

  • Ofrecer información á cidadanía de maneira eficiente e correcta, no momento en que se solicita. No caso de non ser posible, tomaremos o seu teléfono e porémonos en contacto coa persoa interesada no prazo de 1 día.
  • Realizar a inscrición nas Escolas Deportivas Municipais no momento.
  • Realizar a baixa nas Escolas Deportivas Municipais no momento.
  • Realizar controis diariamente nas piscinas e expoñer os resultados das analíticas ao público.
  • Ofertar un mínimo de 20 actividades anuais nas Escolas Deportivas Municipais.
  • Publicitar a programación e eventos deportivos con 15 días de antelación, no seguintes medios: prensa escrita e radiofónica, páxina web municipal, cartelería específica dos eventos e soportes publicitarios das instalacións deportivas municipais.
  • Enviar a programación deportiva a todos os centros educativos.
  • Realizar polo menos 1 actuación de mantemento mensual nas instalacións deportivas.
  • Realizar polo menos 7 limpezas semanais nas instalacións deportivas.

Seguimento dos compromisos

  • Número de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais realizadas no momento e porcentaxe sobre as solicitadas.
  • Número de baixas nas Escolas Deportivas Municipais realizadas no momento e porcentaxe sobre as solicitadas.
  • Número de analíticas realizadas diariamente en cada piscina.
  • Número de actividades ofertadas anualmente nas Escolas Deportivas.
  • Número de programacións e eventos deportivos publicitados antes de 15 días e porcentaxe sobre o total.
  • Número de programas deportivos enviados ós centros educativos e porcentaxe sobre o total.
  • Número de actuacións de mantemento realizadas mensualmente nas instalacións deportivas.
  • Número de limpezas realizadas semanalmente nas instalacións deportivas.

Onde estamos

Complexo Polideportivo de Frigsa
Rúa Monte Faro s/n  27003 Lugo

Horario de atención ao público

Luns a venres laborables, de 9:00 a 14:00

Para contactar connosco

Tel. 982 297 423
Fax 982 297 424
deportes@concellodelugo.org
www.lugo.es

Envíanos a túa opinión

Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán

Directorio