Carta de servizos da Casa da Muller

Presentación

A Casa da Muller é o organismo de igualdade municipal no que, a través de plans, programas e equipamentos destinados á atención das necesidades especificas que presentan as mulleres, ten como finalidade promover a igualdade de dereitos e a non discriminación entre mulleres e homes, e a participación da muller en todos os ámbitos da sociedade.

É un servizo público e gratuíto de información e atención á muller, de forma individualizada e confidencial. Para levar a cabo a prestación deste servizo facémolo a través do Centro de Información á Muller.

Servizos que prestamos

  • Informamos ás mulleres sobre os seus dereitos e os recursos existentes (a través do teléfono 982.297412, do teléfono 010 e da páxina web municipal (www.lugo.es).
  • Informamos e asesorarmos ás mulleres que fagan uso dos seus dereitos legalmente establecidos.
  • Asesoramos ás mulleres nas áreas xurídica, social e psicolóxica.
  • Proporcionamos atención integral ás mulleres vítimas da violencia de xénero.
  • Proporcionamos ás mulleres información e orientación para a súa inserción laboral.
  • Fomentamos a participación das mulleres na sociedade.
  • Concienciamos en materia de violencia de xénero.
  • Realizamos intervención multidisciplinar en situacións de malos tratos.
  • Desenvolvemos programas de información e sensibilización dirixidos a toda a poboación, ca fin de promover a igualdade entre mulleres e homes, por medio de campañas, exposicións, xornadas, seminarios e actos conmemorativos (8 de Marzo Día Internacional da Muller, 25 de Novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller).
  • Formamos e sensibilizamos en materia de igualdade ás traballadoras e aos traballadores do Concello.
  • Fomentamos o uso da linguaxe non sexista e dos xoguetes non sexistas.
  • Publicamos unha revista virtual de xénero.
  • Tramitamos subvencións a asociacións de mulleres.
  • Apoiamos o deporte feminino.
  • Apoiamos ao asociacionismo de mulleres, fomentando o intercambio de experiencias entre os distintos colectivos, informando e asesorando sobre recursos e actividades e xestionando espazos onde as asociacións se poidan reunir.
  • Dispoñemos de servizos municipais permanentes dentro do Centro de Información á Muller.
  • Dispoñemos dun equipo técnico de asesoramento social, xurídico, psicolóxico e de igualdade.
  • Xestionamos o programa NON ESTÁS SOA. Trátase dunha axuda económica destinada a afrontar gastos extraordinarios das mulleres que saen dos pisos de acollida.
  • Programa de teleasistencia móbil para mulleres vítimas de malos tratos
  • Programas de igualdade nos centros educativos.
  • Contamos cunha biblioteca de xénero na Casa da Muller.
  • Xestionamos o programa APRENDE XOGANDO. Este programa materialízase na posta a disposición das e dos lucenses de tres ociotecas, emprazadas nos seguintes enderezos:
    • Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Rúa Quiroga Ballesteros, s/n.
    • Centro de Convivencia Maruja Mallo. Carril das Horas, s/n.
    • Avenida da Coruña, nº 212. (Parque da Milagrosa. Nave "Vías e Obras").
  • Dispoñemos de pisos de acollida municipais para mulleres vítimas de violencia de xénero e os seos fillos e fillas.
  • Realizamos, desenvolvemos e avaliamos as políticas de igualdade do Concello de Lugo, a través do Plan de Igualdade.
  • Fomentamos a participación social a través do Foro de participación cidadá en materia de igualdade entre mulleres e homes de Lugo.

Os nosos compromisos

  • Atender todas as solicitudes de información presencial nun prazo inferior a 15 días dende a solicitude de cita previa.
  • Prestar o servizo de orientación e asesoramento de forma personalizada e confidencial.
  • Atender ás vítimas de violencia de xénero de maneira inmediata, durante as 24 horas do día, 7 días á semana.
  • Divulgar os programas e realizar campañas de prevención e sensibilización.
  • Desenvolver o Plan de Igualdade e levar a cabo a súa avaliación.
  • Traballar en pro da igualdade real e a non discriminación entre mulleres e homes.
  • Apoiar o deporte feminino a través de subvencións e programas específicos.

Seguimento dos compromisos

  • Número de consultas atendidas presencialmente.
  • Número de consultas atendidas no prazo de 15 días dende a solicitude de cita previa, e porcentaxe sobre o total.
  • Número de consultas atendidas telefonicamente.
  • Número de consultas atendidas telematicamente.
  • Número de mulleres acollidas en pisos.
  • Número de materiais editados.
  • Número de actividades ou campañas de sensibilización e prevención realizadas no ano.

Onde estamos

Avenida da Coruña,  212 (Parque da Milagrosa) 27003 Lugo

Horario de atención ao público

Atención presencial  Luns a venres laborables, de 9:00 a 14:00
Atención telefónica (010)  Luns a venres laborables, de 8:30 a 20:30. Sábados laborables, de 9:00 a 14:00

Para contactar connosco

Tel. 982 297 412 / 010 / 982 297 350
Fax 982 297 413
cmuller@concellodelugo.org
www.lugo.es

Envíanos a túa opinión

Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán

Directorio