Actualidade

Ex., 04-06-2024
Ex., 04-06-2024
Luns, 26 de febreiro de 2024
O Executivo local conclúe o parque da Lembranza coa instalación dun conxunto escultórico

“Queriamos renderlle esta homenaxe ás vítimas e aos colectivos involucrados na loita contra a pandemia. Neste espazo, a cidadanía poderá atopar un lugar de reflexión ao acougo das especies autóctonas coa que reforestamos esta área”, sinalou Alvarellos.

A intervención ofrece unha solución ás condicións orográficas da zona, mediante un itinerario practicable para os usuarios da Vía XIX que non poidan salvar a escalinata que dá acceso á Rolda do Carme.

Esta contorna experimentou nos últimos anos unha gran trasformación con proxectos como a peonalización da calzada Romana a humanización da rúa do Carme, a recuperación da Cloaca Romana ou a edificación do novo Coliving municipal.

Luns, 26 de febreiro de 2024
Rubén Arroxo e Alexandre Penas reuníronse con integrantes da asociación SOS Milagrosa

Arroxo: "coñecemos as solicitudes deste colectivo veciñal e traballaremos para continuar a mellorar a cidade e os distintos barrios".

O Tenente de Alcaldesa e o edil de Infraestruturas destacaron a importancia do contacto da veciñanza co Concello "para poder planificar mellor o traballo das distintas áreas".

Luns, 26 de febreiro de 2024
Un obradoiro de creatividade musical e un curso de tenis de mesa son as novas propostas gratuítas de Xuventude para a mocidade lucense

Estas actividades enmárcanse na programación do +XTi, coa que o Executivo Municipal busca ofrecer alternativas de ocio saudables e didácticas aos mozos e mozas da cidade.

Jorge Bustos: “Buscamos fomentar a socialización entre a mocidade lucense, o traballo en equipo e a adquisición de habilidades que lles poidan ser útiles no seu futuro”.

Toda a información pode atoparse en: https://www.lugomasxti.org/actividades-xti-2024/

Domingo, 25 de febreiro de 2024
O Vello Cárecre acollerá un congreso internacional de nutrición

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitaron as instalacións xunto con representantes do Grao de Nutrición do Campus de Lugo, organizadores do evento que terá lugar no 2025.

Arroxo destacou a polivalencia dos espazos do Vello Cárcere, "que permiten a organización de todo tipo de actividades".

Sábado, 24 de febreiro de 2024
Xuventude recibe máis de 300 solicitudes nunha semana para participar nas actividades gratuítas dirixidas á mocidade lucense

A programación inclúe cursos de ioga, cociña ou zumba, roteiros de sendeirismo, unha visita enoturística e obradoiros de mantemento de biciletas ou radiocontrol, entre outros.

Como novidade, introdúcese a I Liga de Oratoria Intercentros, co obxectivo de incentivar o traballo en equipo e a participación cidadá entre os mozos e mozas.

Tamén haberá un obradoiro medioambiental en abril, coincidindo co Día Mundial da Terra, que incluirá unha recollida de plásticos pola Reserva da Biosfera Terras do Miño.

As inscricións, gratuitas, atópanse abertas en: https://formulario.xuventudelugo.gal/

Venres, 23 de febreiro de 2024
O Concello de Lugo xa dispón do seu novo Plan de Emerxencias Municipal

A alcaldesa Paula Alvarellos vén de recibir esta mañá o documento que será remitido de xeito inmediato a aos distintos departamentos para continuar incorporando documentación de valor ante calquera intervención.

“Dispor desta ferramenta actualizada vainos permitir coordinar de xeito máis eficiente aos servizos municipais cos distintos corpos e forzas de seguridade ou co persoal sanitario implicado nas emerxencias”, destacou a rexedora.

“Este traballo redundará nunha mellora da seguridade cidadá ao posibilitar prever riscos e intervír de forma máis rápida e efectiva ante calquera ameaza”, indicou.

Páxinas