Xuventude recibe máis de 300 solicitudes nunha semana para participar nas actividades gratuítas dirixidas á mocidade lucense

A programación inclúe cursos de ioga, cociña ou zumba, roteiros de sendeirismo, unha visita enoturística e obradoiros de mantemento de biciletas ou radiocontrol, entre outros.

Como novidade, introdúcese a I Liga de Oratoria Intercentros, co obxectivo de incentivar o traballo en equipo e a participación cidadá entre os mozos e mozas.

Tamén haberá un obradoiro medioambiental en abril, coincidindo co Día Mundial da Terra, que incluirá unha recollida de plásticos pola Reserva da Biosfera Terras do Miño.

As inscricións, gratuitas, atópanse abertas en: https://formulario.xuventudelugo.gal/

Sábado, 24 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude recibe máis de 300 solicitudes nunha semana para participar nas actividades gratuítas dirixidas á mocidade lucense

A concellería de Xuventude, que dixire o edil Jorge Bustos, recibiu máis de 300 solicitudes nunha semana, trala apertura do prazo de inscricións, para participar nas actividades de ocio e gratuítas que ofrece o executivo municipal á mocidade lucense, de entre 14 e 35 anos, para os meses de febreiro e marzo e o segundo trimestre do ano.

Trátase dun extenso programa, composto por máis dunha ducia de iniciativas, nas que poderán participar un total de 468 mozos e mozas do municipio, e que inclúe “múltiples opcións para adaptarnos ás distintas inquietudes dos nosos mozos e mozas, como cursos de ioga, cociña ou zumba coa casa da Xuventude como sede”, lembrou Bustos.

A través desta actividades o executivo busca tamén achegar aos rapaces e rapazas á contorna natural a través de roteiros de sendeirismo e mediante unha visita enoturistica á Ribeira Sacra. Como novidade, a programación inclúe a primeira liga de oratoria intercentros, nunha clara aposta por incentivar o pensamento crítico e a participación cidadá neste rango de idade.

Tamén haberá un obradoiro medioambiental no mes de abril, coincidindo co Día Mundial da Terra, que incluirá unha recollida de plásticos pola Reserva da Biosfera Terras do Miño; así como formacións de caracterización de efectos especiais; revisión e mantemento de bicicletas e vehículos de mobilidade urbana; ou un obradoiro de comunicación baixo o título “Dereito Humano á Agua. A mala xestión dos recursos naturais”, impartido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social.

As inscricións para as diferentes actividades continúan abertas a través da web: https://formulario.xuventudelugo.gal/. Paralelamente, manteranse as Asesorías Xuvenís que son gratuítas e confidenciais: a xurídica, os luns, de 19:30 a 21:00 horas; e a psicolóxica, os mércores, de 18:00 a 22:00 horas.

Programación completa

ZUMBA (16 h)

  • Lugar: Casa da Xuventude
  • Datas: Dende o 19 de febreiro ata o 10 de xuño
  • Luns de 20:15 ata 21:15 horas
  • Prazas: 12

IOGA (15 h)

  • Lugar: Casa da Xuventude
  • Datas: Dende o 1 de marzo ata o 14 de xuño
  • Mércores de 20:15 ata 21:15 horas
  • Prazas: 12

COCIÑA (22 h)

  • Lugar: Casa da Xuventude
  • Datas: Dende o 6 de marzo ata o 29 de maio
  • Mércores de 17:00 ata 19:00 horas
  • Prazas: 12

VISITA ENOTURISTICA

  • A Ribeira Sacra
  • Saída: 15:00h dende a Casa da Xuventude
  • Data: 16 de marzo
  • Prazas: 30

RUTAS DE SENDEIRISMO

  • Saída: dende a Casa da Xuventude
  • Prazas: 26
    • 23 marzo: Serra do Courel. Travesía Vales do Lóuzara e o Lor. Distancia: 15 km. Dificultade: Moderada
    • 27 de abril: Roteiro de montaña e glaciarismo: Vales glaciares de Manzaneda. Distancia: 13,5 km. Dificultade: Media
    • 1 de xuño: Camiño natural do Cantábrico. Etapa 2ª: Praia das Catedrais – Foz. Distancia: 21 km. Dificultade: media

ROTEIROS MIX

  • Saída: dende a Casa da Xuventude
  • Prazas: 26
    • 24 febreiro: Taller de rastreo de fauna salvaxe e supervivencia no medio natural. Reserva da Biosfera Terras do Miño
    • 13 abril: Ioga en Ruta. Roteiro de sendeirismo con taller de ioga na natureza. Reserva da Biosfera Terras do Miño
    • 4 de maio: O Bosque Comestible. Roteiro con taller de plantas comestibles e medicinais. Reserva da Biosfera Terras do Miño

I LIGA ORATORIA INTERCENTROS

  • Iniciativa que serve para promover as habilidades de oratoria, pensamento crítico e traballo en equipo
  • Tres categorías:
    • Primeira categoría: alumnos de 3 e 4 de ESO
    • Segunda categoría: alumnos de 1 e 2 de Bacharelato
    • Terceira categoría: estudos de grao e posgrao da Universidade
  • Prazas: 16 equipos de 4 persoas para cada categoría
  • Inscrición ata o 15 de marzo
  • Datas competición: 10, 11 e 12 de maio

OBRADORIO MEDIO AMBIENTAL

  • Haberá unha recollida de plásticos pola Biosfera Terras do Miño
  • Lugar: Casa da Xuventude
  • Datas: 20-21 de abril
  • Prazas: 30

CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE

  • Lugar: Casa da Xuventude
  • Datas: dende o 2 de marzo ata o 12 de maio
  • Prazas: 25

OBRADOIRO DE RADIOCONTROL

  • Lugar: Circuito de Frigsa
  • Datas: dende o 9 de marzo ata o 20 de abril
  • Horario: de 11:00 a 13:00 horas os sábados
  • Prazas: 18

FORMACIÓN DE CARACTERIZACIÓN DE EFECTOS ESPECIAIS

  • Lugar: Casa da Xuventude
  • Datas: Dende o 21 de marzo ata o 18 de abril
  • Xoves de 16:30 a 19:45 horas
  • Prazas: 10

REVISIÓN E MANTEMENTO DE BICICLETAS E VEHICULOS DE MOVILIDADE URBANA

  • Lugar: Casa da Xuventude
  • Datas: Sábados dende o 4 ao 25 de maio
  • Horario: De 16:00 a 21:00 h.
  • Prazas: 12

COMUNICACION DE GUERRILLA

  • Imparte: Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social
  • Obradorio: Dereito Humano á Agua. A mala xestión dos recursos naturais
  • Lugar: Casa da Xuventude
  • Datas: 8, 9 e 10 de marzo
  • Horario: día 8 de 19:00 a 20:30h., día 9 e 10 de 10:00 a 11:30h
  • Prazas: 15

Noticias relacionadas