Lara Méndez: "Estamos ahora asentando las bases de lo que queremos que sea Lugo en la próxima década"

La alcaldesa de Lugo realizó, en el Debate sobre el Estado del Ayuntamiento, un balance del último año de Gobierno "en el que estamos ejecutando la Segunda Gran Transformación de la ciudad diseñada en el mandato pasado e impulsando la transformación económica".

La regidora le pidió a la Xunta mayor implicación y que "acompañe a la ciudad en los enormes retos sociales y económicos que Lugo tiene por delante y que cumpla sus compromisos".

La regidora incidió en que "la mejora de las infraestructuras ferroviarias de las conexiones de Lugo son objetivos irrenunciables para mi Gobierno".

Jueves, 23 de diciembre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez: "Estamos ahora asentando las bases de lo que queremos que sea Lugo en la próxima década"

La alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, realizó esta mañana, en el Debate del Estado del Ayuntamiento, un análisis de la gestión de su Ejecutivo durante este año, "un año complejo y de gran dureza porque es el segundo en que, como Gobierno y como sociedad, tuvimos que hacer frente a todas las consecuencias sanitarias, sociales y económicas originadas y que aún perduran derivadas de la emergencia de la pandemia".

La regidora hizo un balance de las distintas áreas de Gobierno y destacó todas las iniciativas puestas en marcha con las políticas de cuidado y protección de las personas, la modernización de la Administración y las estrategias encaminadas a "convertir los espacios públicos de la capital en la extensión del confort de nuestros hogares en esta Segunda Gran Transformación de la ciudad", así como en la proyección económica del municipio,  "una de las grandes atribuidas de mi Gobierno", en el que el Ayuntamiento está desarrollando la mayor inversión de su historia.

En este sentido, Méndez sostuvo que "una ciudad que vive de los servicios como Lugo, se vio especialmente dañada por las restricciones derivadas de la pandemia, lo que nos llevó a marcar una hoja de ruta clara y ambiciosa para impulsar la industrialización de la ciudad y diversificar sus sectores productivos, de manera acorde con el modelo de urbe sostenible en la que estamos trabajando", y aclaró que "fueron años de abandono por parte de la Xunta de Galicia, que no estableció un plan industrial para nuestra ciudad y Lugo no puede esperar más tiempo a que las Administraciones con competencias para ello se pongan a trabajar".

La alcaldesa relató el decálogo de medidas puestas en marcha "con todas las herramientas que están en nuestras manos para que Lugo crezca, retenga el talento y atraiga inversiones y empresas y, por lo tanto, cree puestos de trabajo". Entre ellas, la estrategia Lugo Transforma, fondo municipal emprendedor "que aterrizará sobre aproximadamente 50 empresas y que, extrapolando resultados de experiencias similares, esperamos, produzca la creación de más de mil puestos de trabajo directos y hasta el triple de empleos indirectos, generando una inversión inducida que superará los 60 millones de euros por parte de las empresas en este tiempo".

La Estrategia Lugo Transforma tendrá una duración de diez años, pero la atracción de capital es de cinco años, y sólo en el 2022 deberá de captar un mínimo de un millón de euros, "por lo que, con estas medidas económicas, más con la estrategia de diseño de la nueva ciudad, comenzada en el mandato anterior, estamos asentando las bases de lo que queremos que sea Lugo en la próxima década".

En ese sentido, pidió a la Xunta de Galicia "que acompañe a la ciudad en los enormes retos que tiene por delante y que impulse, junto a nosotros, la marca propia verde que diferencia a Lugo del resto de las urbes gallegas, la que le da personalidad propia y que ya está teniendo presencia reconocida en ámbitos nacionales e internacionales, con el fin de ganar en competitividad".

E instó también al Gobierno gallego a que cumpla sus compromisos con Lugo y "active la Rolda Este; acerque la financiación del Museo de la Romanización en el Cuartel de San Fernando para situar a Lugo en el lugar que le corresponde como eje central de la cultura romana en Galicia; impulse de la mano del Ayuntamiento a la diversificación industrial; agilice la Intermodal y empiece a invertir en el saneamiento del rural los más de 7 millones de euros que ha recaudado en Lugo en los últimos años con el canon del agua, una tasa finalista que está obligada a revertir en el mismo fin, y con la que aún no financió la primera obra".

También la instó a repercutir en Lugo la factura COVID "ya que todas las acciones de emergencia las asumimos únicamente con recursos propios, tanto las competencias propias como también las impropias, las que son de la Xunta (como servicios sociales, escuelas infantiles o comedores escolares), que  fijemos nuestras y atendemos porque todos los problemas de nuestro vecindario nos atañen como Administración".

La regidora también aseveró que su Gobierno seguirá reivindicando al Gobierno central el impulso de las infraestructuras viales y ferroviarias para que Lugo no pierda oportunidades: la llegada a la ciudad del tren de alta velocidad, las conexiones con A Coruña y Ferrol y la inclusión de Lugo en el Corredor Atlántico Ferroviario de mercancías son objetivos irrenunciables para este Gobierno".

Deudas históricas

La regidora realizó, asimismo, un balance sobre las deudas históricas que este año se cumplieron, como la regularización de las viviendas de a Croa, la zona de baño pública, la eliminación de la pasarela de la esquina de San Roque, la regeneración del barrio de O Carme o la mejora de la accesibilidad de la trama urbana con el río.

Intervención da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, no Debate do Estado do Concello

“Bo día a todos e todas,

aos concelleiros e concelleiras da Corporación, a toda a veciñanza de Lugo e aos xornalistas que seguen este Pleno sobre o Debate do Estado do Concello en streaming a través da web municipal.

Reunímonos hoxe para presentar o balance dun ano de xestión municipal e de acción política, un ano complexo e de gran dureza porque é o segundo en que como Goberno, e como sociedade, tivemos que facer fronte a todas as consecuencias sanitarias, sociais e económicas orixinadas e que aínda perduran derivadas da emerxencia da pandemia. 

Por iso, quero lembrar, unha vez máis, a todas aquelas persoas e familias que sufriron e sofren o virus da Covid-19, ás que perderon algún dos seus seres queridos e ás que viven de preto a enfermidade. Para todos e todas elas,  mandamos unha mensaxe de agarimo e alento.

Tamén quero agradecer de novo o traballo dos colectivos, de profesionais e de voluntarios, que seguen a estar en primeira liña para intentar coidar, protexer e acompañar á poboación, sectores moitos xa recoñecidos pola cidadanía coa recente entrega das Medallas de Ouro do Concello.  Para eles vai de novo o noso máximo agradecemento polo seu compromiso e dedicación.

E grazas infinitas tamén á poboación lucense, por afrontar con afouteza e valor as incertezas que propicia esta situación sanitaria, sen perder o ánimo nin deixarse abater polas dúbidas.

Pero quero destacar que, como comunidade, aprendemos a convivir co inesperado cunha dignidade e responsabilidade colectiva da que todas e cada un de nós debemos sentirnos realmente orgullosos. 

Neste ano 2021, a vacina chegou como unha esperanza.

Se no primeiro Estado de Debate do Concello finalizaba facendo alusión á confianza na ciencia e na investigación como gran ferramenta para saír da crise, hoxe podemos destacar xa que o 82,3% da poboación española conta coa pauta completa de vacinación, porcentaxe que ascende a 85,27% no caso de Galicia, e xa comezamos coas doses adicionais e as vacinas infantís.

É un gran logro de toda a sociedade, e do ámbito científico e loxístico.

Unha conquista  que nos permite agora atravesar unha nova ola de contaxios con menos virulencia médica, aínda que non exenta de grandes riscos, polo que debemos manter a máxima prudencia e vixilancia, Administracións e cidadanía, porque debemos seguir apelando á responsabilidade individual como un dos maiores bens colectivos que nos debemos regalar.

E é neste contexto onde hoxe debatemos o Estado do Concello.

Un estado sobre o que é obrigado destacar que resistimos e nos estamos a recuperar, recobrando o pulso dunha cidade vibrante, enérxica e chea de vida.

Algúns dos datos que así nolo ratifican son os máis de 36,6 millóns de euros que se xeraron de riqueza só se contabilizamos o volume de licenzas concedidas en Xunta de Goberno Local.

Ou que as cifras do paro rexistrado a mes de novembro deste ano son as máis baixas da década e das máis baixas de España, dun 11,5%, case 4 puntos menos que no 2020, e 1,5 puntos menos que no 2019, en etapa prepandemia.

Estanse a abrir novos hoteis, empresas... Tan só desde o Centro de Innovación e Emprendemento Municipal axudamos a pór en marcha desde o inicio da pandemia a 41 novas empresas, 41 novas ilusións de vida e proxectos profesionais, traballando xa e facturando.

Son cifras que nos convidan a mirar cara adiante con optimismo despois de meses de Ertes e peches, sen triunfalismos porque temos un longo camiño que percorrer para fixar poboación e talento no noso territorio, e para esa recuperación proxectamos unha folla de ruta que tamén detallarei no transcurso do Debate e das contas sobre a xestión municipal.

Pero non podemos falar dos últimos 12 meses de labor do Concello sen lembrar tamén os 10 meses anteriores, porque levamos 22 meses de servizo á cidadanía que adquiriron desde o inicio do Estado de Alarma unha intensidade de xestión, política e funcionarial extraordinaria, obrigada por una situación tamén sen precedentes.

Atendemos ao urxente, pero tamén ao importante; fixemos un esforzo inxente como Administración local para mellorar o día a día da cidadanía, intentando non deixar a ninguén atrás, pero tamén asentamos as bases de futuro dunha Administración moderna e dun municipio no que, se ben a pandemia evidenciou as súas enormes fortalezas, tamén deixou ao descuberto debilidades que temos a obriga de afrontar.

Fixémolo, ademais, coa forza dun Goberno estable que permitiu pechar orzamentos municipais cada ano e, polo tanto, dispor das ferramentas de planificación e gasto que necesita unha cidade parar medrar coa dilixencia que merece a súa veciñanza, e máis en tempos de crise.

Son esas contas públicas, as que bloquearon todos os grupos políticos da oposición no mandato anterior - e que agora a actual oposición insiste en deostar cada ano - as que facilitan atender as pequenas e grandes necesidades da poboación, impulsar actuacións na cidade, optimizar os servizos públicos e executar investimentos a un ritmo áxil.

Dicía antes que non podiamos analizar este último ano sen ter en conta o 2020, porque o 2021 foi, en gran parte, unha continuación obrigada do impulso das políticas deseñadas para reforzar a nosa cidade ante a emerxencia pandémica.

E o mellor exemplo témolo no ámbito dos coidados  e da preocupación pola poboación máis vulnerable.

No 2021 mobilizamos para políticas sociais, para reducir desigualdades e garantir os dereitos básicos da cidadanía  31,2 millóns de euros, o 29,3% do orzamento total, o máis alto da historia da cidade con estes fins. Un importante esforzo inversor que caracterizou sempre aos Gobernos progresistas da cidade, que creceu un ano máis para paliar o dano da pandemia nas estruturas familiares.

Deste orzamento, destinamos 13,8 millóns de euros só a Benestar Social, a axudar aos máis vulnerables, aos maiores, á veciñanza en situación de soidade, á infancia e a aquelas persoas que necesitan axuda a domicilio e axudas de emerxencia, sen esquecer nunca o apoio aos colectivos do terceiro sector, tan importantes para a cohesión social lucense.

Quero destacar algunhas das medidas postas en marcha polo seu impacto social:

Volvemos duplicar a partida económica asignada a Xantar no Fogar ata os 300.000 euros,  cos que elaboramos preto de 22.000 xantares, que complementamos con outras axudas, a través da emerxencia social, ás que destinamos 300.000 euros máis, a mesma cantidade, tamén, que ás axudas ao aluguer co fin de garantir o acceso á vivenda digna, malia ser unha competencia da Xunta.

Consolidamos programas pioneiros como o Acompañámoste, iniciado en pandemia cun convenio con Cruz Vermella para cubrir as necesidades asistenciais dos colectivos máis débiles, entre eles os nosos maiores, 22.000 na nosa cidade, 5.000 que viven nunha situación de soidade non desexada, mellorando o seu coidado e calidade de vida pero contribuíndo, tamén, a que se desenvolvan con autonomía na súa contorna. Ampliamos o programa, ademais, coa procura activa destas persoas así como co apoio a crianzas de familias vulnerables que precisan dun reforzo escolar.

Tamén para intensificar a atención aos maiores con autonomía reducida, impulsamos unha nova adxudicación para o Centro de Día Antonio Gandoy, ao que destinaremos 628.438 euros por exercicio.

Tras os días máis duros da pandemia, melloramos e duplicamos ata 28 prazas a capacidade para acoller as persoas sen teito no Fogar do Transeúnte. 

Máis este Goberno local tamén inviste en salvar vidas, e axiña comezaremos coa instalación de 67 desfibriladores nas instalacións municipais e prazas públicas para actuar ante posibles infartos, o que nos situará como a cidade máis cardioprotexida das grandes galegas.

A inclusión na mesma área de Xuventude e Deportes supuxo unha mellor coordinación, para ámbalas dúas concellerías, das actividades de lecer e conciliación ofertadas para a mocidade, outro dos grandes colectivos danados polas restricións sanitarias, con programación durante todo o ano e específica por campañas, cunha altísima participación e a cobertura de todas as prazas dispoñibles. Encamiñadas a un ocio alternativo e seguro, ao fomento do Deporte e ao impulso de hábitos de vida saudables.

Pero tamén implicou reforzar a nosa aposta en firme pola prevención de drogas e o tratamento das adiccións na etapa post Covid, un ámbito no que estamos traballando a través do IV Plan de Drogadiccións, xa en vigor, cunha achega superior aos 236 mil euros.

A igualdade da Muller é outra loita irrenunciable por parte deste Goberno, polo que comezamos o ano co IV Plan de Igualdade operativo, que recolle 130 achegas dos colectivos sociais e que incorpora aos seus eixos principais, como a loita contra a violencia machista, novos marcos de actuación como é a saúde, o urbanismo, a mobilidade e a vivenda.

Neste ano, ademais, avanzamos no cumprimento de débedas históricas coa cidadanía en temas que alcanzan gran unanimidade respecto á súa necesidade, e que foron un firme compromiso político deste Goberno.

Falamos de:

  1. As vivendas de A Croa. Derrubamos as edificacións deshabitadas que ocupaban estes terreos, paso previo ineludible para rexistrar o parcelamento dos predios antes de cederllos, por fin, aos seus propietarios, 15 familias que están á espera da titularidade das súas vivendas desde hai máis de 26 anos.
  2. Falamos da eliminación da pasarela da esquina de San Roque, que naceu como provisional hai 30 anos,  e da súa urbanización, actuación que dignificará unha contorna de alto valor patrimonial, resolvendo dunha forma axeitada, respectuosa e permanente as comunicacións de tráfico peonil e rodado en toda a zona.
  3. E falamos da zona de baño pública no Miño, que este verán será unha realidade e que estamos seguros terá un gran impacto sobre a proxección turística e na dinamización do municipio e, directamente, na calidade da vida da nosa veciñanza ao posibilitar o aproveitamento do río e contribuír a seguir avanzando na Segunda Gran Transformación da cidade na que os espazos públicos de lecer e socialización ao aire libre adquiren, cada vez, maior protagonismo debido ao contexto sanitario.

Son respostas a compromisos adquiridos e unha mostra tanxible da transformación que está a experimentar a cidade,  pero o 2021 tamén foi o ano dos grandes pasos para saldar a nosa débeda histórica co Miño, para valorizalo e que forme parte do noso día a día co fin de que deixemos de vivir de costas a el.

O obxectivo é crear nesta gran contorna fluvial unha zona chea de atractivos para a cidadanía e visitantes, como tamén estamos a facer no Carme, un dos barrios de maior beleza e riqueza patrimonial e natural de Lugo, que me comprometín a rexenerar cando asumín a Alcaldía a través dos fondos europeos DUSI-Muramiñae.

Este é o balance:

  • Melloramos e humanizamos o Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX.
  • Comezamos as obras do paso soterrado da N-VI, así como as das Caldas, que serán un revulsivo cultural, de recreo e turístico para Lugo.
  • Executamos a primeira gran senda verde ciclista da cidade que axudará a cambiar a mobilidade da capital, 14 quilómetros que unen de xeito sostible, seguro e saudable 8 barrios entre si e coas áreas deportivas, culturais e de ocio do Miño.
  • Licitamos a peonalización e humanización da Calzada da Ponte, unha intervención integral nesta área que reducirá o paso de vehículos por este itinerario, diminuíndo a contaminación medioambiental e acústica nunha zona de alta protección na que conflúen a Ponte Vella, as Termas Romanas, o Camiño de Santiago e a Vía Romana.
  • Pronto sacaremos a licitación a posta en valor da cloaca romana, tras o visto bo de Patrimonio, e abriremos a pasarela sobre a NVI, outra das obras que estivo a sufrir atrasos polos problemas de material, aos que Lugo, como o resto do país, non é alleo.
  • No DUSI máis social, progresa a moi bo ritmo a execución do edificio multidisciplinar de benestar social de Lamas de Prado, un inmoble referente na construción en madeira e en eficiencia enerxética, que dará servizo a 20.000 lucenses dos barrios do Carme, A Cheda, Abuín-Abella e Castiñeiro, así como de diversas parroquias.
  • Finalizamos este ano, ademais, o proxecto de inserción social-laboral Muramiñae Rehabilita, co que contratamos e formamos a 27 persoas de colectivos en exclusión social; seguimos co proxecto de formación en arte urbana con mozos en situación de vulnerabilidade e, antes de que acabe o ano, anunciaremos un gran programa de emprego de iniciativa social.

É o DUSI precisamente un dos grandes piares sobre os que sustentamos a Segunda Transformación da Cidade, deseñada e iniciada no mandato pasado e que intensificamos neste cos distintos orzamentos, e que xa nos está a situar como unha cidade pioneira e á vangarda en estratexias urbanas verdes, que traballa para acadar baixos niveis de contaminación e baixas emisións de gases efecto invernadoiro,  abundantes espazos naturais para goce dos seus habitantes e un crecemento urbanístico baseado en edificacións bioclimáticas e sostibles.

Lugo está xa no mapa das ideas sostibles. O proxecto LIFE Lugo+Biodinámico e o noso modelo de cidade están a espertar gran expectación en todos os ámbitos: fomos a única cidade galega e unha das 12 de España convidadas a presentar o proxecto de cidade no Senado; a única cidade galega en ser convidada a CONAMA, o Congreso Nacional de Medio Ambiente, e ao Rebuild, o congreso máis importante da Construción, así como no lanzamento da New European Bauhaus en Bruxelas ou do HUB español da plataforma internacional Urban by Nature, por citar só algunhas das citas de carácter nacional e internacional onde Lugo é xa reclamada.

O Impulso Verde foi finalista na modalidade Proxecto de Sustentabilidade dos Advanced Architecture Awards 2021, gañador do premio Mellor Proxecto 2021 pola cidadanía nun certame internacional e acadamos o galardón de boas prácticas locais da FEMP pola recuperación do Humidal das Gándaras.

Ademais, o proxecto de Lugo foi seleccionado polo Programa Internacional de Cooperación Urbana para intercambiar experiencias con Xapón e crear solucións conxuntas de futuro.

O LIFE está tamén na fase final desta estratexia europea, coa licitación de 1,2 hectáreas de novidosos espazos axardinados con hortos urbanos comunitarios e didácticos na contorna do Impulso Verde, e no vindeiro ano retomaremos as quendas de visitas para impulsar o coñecemento do noso pioneiro catálogo de solucións sostibles.

Como estamos a ver, as estratexias europeas son claves nesta Segunda Transformación da Cidade, e seguirán a selo porque os fondos Next Generation aos que nos presentamos buscan darlle continuidade ao modelo Lugo, Cidade Viva, con proxectos como a peonalización integral do Casco Histórico para que sexa unha zona libre de emisións ou a mellora do exterior da Muralla co obxectivo de protexer e embelecer o noso emblema e o noso gran Patrimonio Mundial. 

Non obstante, a sostibilidade é a marca que define a acción  transversal deste Goberno en todas as áreas municipais.

Así, demos grandes pasos na mellora das infraestruturas viarias coas persoas e os barrios como eixo central de actuación con accións como a peonalización de Quiroga Ballesteros, a Mosqueira ou a Rúa do Esquecemento ou a licitación dos contratos para as peonalizacións de Rafael de Vega e Pintor Luis Seoane; a humanización da rúa Lamas de Prado e a contorna da Igrexa do Sagrado Corazón; a instalación da Glorieta de San Eufrasio ou as melloras de República Arxentina ou o Polígono das Gándaras, entre outros.

Comezamos, ademais unha das grandes obras que transformará unha das arterias de comunicación máis importantes de Lugo, o desdobramento e humanización da Avenida Infanta Elena, cun tráfico diario superior aos 8.400 vehículos e moi utilizada polos viandantes. Cando finalice esa actuación, que inclúe espazos peonís e carrís bici, permitirá traballar na humanización doutras arterias de Lugo, como a Avenida da Coruña. 

No campo da sostibilidade, este ano procedemos a executar 7 proxectos de intervención para eliminar o fibrocemento en 250 acometidas da rede de abastecemento nas rúas con maior número de avarías da cidade, e estamos a traballar nas obras de eficiencia enerxética de 8 edificios municipais por un importe de máis de 3,3 millóns de euros.

Ampliamos e melloramos os espazos verdes coa creación do parque Novo Freire e a zona verde de A Piringalla, a instalación da cuberta do parque infantil de Augas Férreas ou a rehabilitación do Parque Rosalía de Castro, entre outras accións relacionadas co medio ambiente, e desenvolvemos un plan integral de mellora das instalacións deportivas para impulsar a vida saudable na cidade.

Con obras  no Campo de Rugby, no Pombal ou no pavillón Daniel Cordido, co cambio de céspede dos campos de fútbol das Gándaras ou a cubrición das canchas de Tenis de Frigsa, e creando novos espazos como o Skate Park ou a pista de Motocross.  Deseñamos, ademais, o proxecto do novo Centro Deportivo Lugo Sport Life, para o que acadamos o compromiso de financiamento da Deputación e Xunta de Galicia.

Tamén o rural é obxectivo prioritario en infraestruturas e, así, actuamos na práctica totalidade das parroquias, entre as que podemos destacar as melloras en seguridade viaria en O Vilardón, Conturiz a Cardoso, Corral de Abaixo, en San Pedro de Mera, Poutomillos, Camoira, Prógalo, na estrada de Meira, na L-P 2903 a Rego de Mera, en Tirimol, Pías e no Burgo, Galegos e Bascuas, así como os investimentos nas novas redes de abastecemento en, Orbazai, Adai, Conturiz, A Campiña ou no Carqueixo.

A modernización da cidade foi en paralelo á modernización da Administración local tanto en recursos materiais como humanos, para gañar en eficiencia, eficacia e axilidade cara a cidadanía, e quero destacar o enorme traballo desenvolvido porque a adaptación ás novas formas de traballo foi realizado en paralelo ao esforzo que se fixo na atención á cidadanía na pandemia.

Xunto a un investimento de máis de 5 millóns de euros en melloras da E-administración, impulsamos a incorporación de máis persoal. Actualmente estamos a tramitar 73 prazas da Oferta Pública de Emprego, figurando 26 máis na deste ano, e realizamos 22 contratacións vencelladas ás Bolsas de Emprego.

Procedemos a darlle cobertura aos postos de responsabilidade como xefaturas de servizo, adxuntías de servizo, xefes de sección, xefes de negociado, e reforzamos o cadro de persoal en diferentes departamentos.

Quero destacar que no que vai de ano tomaron posesión 87 funcionarios interinos, 46 laborais temporais e 14 comisións de servizos, así como o esforzo realizado para dotar de efectivos e de cadeas de mando aos servizos de seguridade e emerxencia, como puido ser á Policía Local, que creceu en 24 efectivos, e ao Servizo de Bombeiros, en 15.

Axilizamos as prestacións do servizos públicos e activamos un plan co fin de actualizar todos os contratos, moi avanzado, entre os que cómpre destacar a próxima entrada en vigor do novo servizo de limpeza viaria e recollida de lixo: 134’1 millóns de euros en dez anos, que reverterá no estado de aseo e mellora da imaxe da cidade e tamén na calidade de vida da veciñanza.

Quero lembrar que desde o Concello se desenvolveu un traballo importantísimo para realizar un sobre esforzo na limpeza da cidade durante o longo procedemento de tramitación dese novo contrato, proceso moi garantista, e que supuxo que articulásemos unha campaña de limpeza integral por barrios.

Impulsamos tamén o novo servizo de mantemento de zonas verdes, que entrará en vigor o vindeiro ano, no que investiremos 3’6 millóns de euros anuais. O incremento da calidade na conservación dos parques e espazos axardinados terá repercusión directa sobre a estética dos barrios e a habitabilidade da capital.

Quero deixar para a parte final deste Debate a Transformación Económica da Cidade, porque se ata o de agora perfilei a xestión  de Goberno durante o 2021 vinculada ás políticas de coidado e protección das persoas, á modernización da Administración e  ás estratexias encamiñadas a converter os espazos públicos da cidade na extensión do confort dos nosos fogares, a proxección económica da cidade é unha das grandes apostas do meu Goberno.

Unha cidade que vive dos servizos como Lugo e que se viu especialmente danada pola restricións derivadas da pandemia, o que nos levou a marcar unha folla de ruta clara e ambiciosa para impulsar a industrialización da cidade e diversificar os seus sectores produtivos acorde co modelo de urbe sostible na que estamos a traballar.

Foron anos de abandono por parte da Xunta de Galicia, que non estableceu un plan industrial para a nosa cidade, e Lugo non pode esperar máis tempo a que as Administracións con competencias para elo se poñan a traballar.

Vímolo con claridade o 15 de marzo do 2020, cando se proclamou o Estado de Alarma e, adiantándonos ás consecuencias do confinamento, puxemos de maneira inmediata sobre a mesa 5 millóns de euros nas primeiras axudas directas que se deron en Galicia para máis de 3.000 empresas, pemes e autónomos.

Desde entón, reforzamos toda a acción vinculada ao impulso do comercio local e o emprendemento.

Pero fomos máis alá, e neste 2021 puxemos en marcha todas as ferramentas que están nas nosas mans para que Lugo medre, reteña o talento e atraia investimentos e empresas e, polo tanto, cree postos de traballo.

Desta maneira:

  • Este ano, dando continuidade ao Plan Reanima, lanzamos o Plan Reactiva, tamén de axudas directas, con 1 millón de euros, do que se beneficiaron 783 negocios da cidade.
  • Aceleramos o pago de facturas a provedores. A 17 de decembro, abonamos 54 millóns de euros a  empresas e autónomos que nos subministran obras e servizos, máis de 5.400 facturas cun período medio de pago menor a 7 días desde que se aproba o gasto (menos dun terzo do prazo legal).
  • Lanzamos unha nova edición do Inicia Coworking para axudar á creación de 26 novos proxectos empresariais.
  • Impulsamos o Urban & Display, unha experiencia piloto cun investimento de 144.000 euros para o comercio do Casco Histórico, que se apoia na innovación tecnolóxica mesturando información cidadá e formación.
  • Iniciamos o Lugo Job, un potente programa de formación para 1.200 persoas que supuxo un investimento de 152.369 euros.
  • Comezamos a impartir o obradoiros Start I.O.T 5.0,dotado cun orzamento de 390.492 euros e financiado en máis do 90% polo Fondo Social Europeo. A través del, 16 mozos e mozas adquiren coñecementos en novas tecnoloxías percibindo o salario mínimo interprofesional mentres reciben a formación.
  • Lanzamos o movemento Localmente Lucense, unha potente estratexia de dinamización dos barrios a través da compra no comercio e a hostalería local, dotado cun millón de euros.
  • Puxemos en marcha a Mesa da Diversificación Industrial, coa presenza dos sectores produtivos da cidade, a Universidade e a Xunta de Galicia, onde se aposta pola sostibilidade, a economía verde e circular e polos sectores agroalimentario e forestal e a innovación como motores de crecemento.
  • Aceleramos toda a tramitación urbanística vinculada coa posta en marcha de empresas e coa urbanización das novas fases do Polígono Empresarial das Gándaras.
  • E adxudicamos a xestión da Estratexia Lugo Transforma, o fondo de empredemento municipal de 12 millóns de euros, pioneiro en Galicia, para captar investimentos e atraer empresas de alto impacto social, innovador e medioambiental.

O fondo aterrará sobre aproximadamente 50 empresas e, extrapolando resultados de experiencias similares, agardamos que produza unha creación de máis de mil postos de traballo directos e até o triplo de empregos indirectos, xerando un investimento inducido que superará os 60 millóns de euros por parte das empresas neste tempo.

A Estratexia Lugo Transforma terá unha duración de dez anos, pero a atracción de capital é de cinco anos, e só no 2022 deberá de captar un mínimo de un millón de euros

Estamos a falar, pois, de que estamos sentando as bases do que queremos que sexa Lugo na vindeira década.

Un municipio que destaque polo seu urbanismo sostible e a alta calidade de vida da súa cidadanía, un municipio urbano-rural que sexa o corazón da Galicia sostible e un dos grandes motores dinamizadores da provincia.  

Pero este camiño non o queremos percorrer sós.

Por iso, convidamos á Xunta de Galicia a que acompañe a cidade nos enormes retos que ten por diante e que impulse, xunto a nós, a marca propia verde que diferencia a Lugo do resto das urbes galegas, a que lle dá personalidade propia e que xa está a ter presenza recoñecida en ámbitos nacionais e internacionais, co fin de gañar en competitividade.

Por iso, é necesario que o vindeiro ano, o Goberno galego cumpra, alo menos, os seus compromisos con Lugo:

  • Que active a Rolda Este.
  • Que aporte o financiamento do Museo da Romanización no Cuartel de San Fernando para situar a Lugo no lugar que lle corresponde como eixo central da cultura romana en Galicia.
  • Que impulse da man do Concello a diversificación industrial.
  • Que axilice a Intermodal.
  • Que empece a investir no saneamento do rural os máis de 7 millóns de euros que ten recadado en Lugo nos últimos anos co canon da auga, unha taxa finalista que está obrigada a reverter no mesmo fin, e coa aínda non financiou a primeira obra.
  • Tamén instámoslles a que repercuta en Lugo a factura COVID xa que todas as accións de emerxencia as asumimos unicamente con recursos propios os Concellos, tanto as competencias propias como tamén as impropias, as que son da Xunta (como servizos sociais, escolas infantís ou comedores escolares), que  fixemos nosas e atendemos porque todos os problemas da nosa veciñanza nos incumben como Administración. 

Ao mesmo tempo, é necesario que o Goberno galego conte con Lugo para os fondos Next Generation que lle corresponderá xestionar, porque a cidade non pode perder o tren dos millonarios investimentos europeos que chegan para impulsar as cidades.

Neste camiño tamén traballaremos man a man co Goberno central, ao que lle seguiremos a reivindicar o impulso das infraestruturas viarias e ferroviarias para que Lugo non perda oportunidades: a chegada á cidade do tren de alta velocidade, as conexións con A Coruña e Ferrol e a inclusión de Lugo no Corredor Atlántico Ferroviario de mercadorías son obxectivos irrenunciables para este Goberno.

Seguiremos a dar a batalla pola forza do municipalismo para transformar os territorios. Por iso, pedimos a modificación das leis que impiden que os concellos poidamos desenvolver as nosas axendas propias cos recursos suficientes e con plena autonomía.

O devir desta pandemia puxo sobre a mesa a urxencia de abordar a reforma dunha xa obsoleta Lei de Bases de Réxime Local, redefinindo e clarificando competencias, porque as solucións efectivas radican na proximidade á cidadanía e aos seus problemas. 

Son estas relacións de proximidade as que teñen unha potencia transformadora única porque aproveitamos a posibilidade de atoparnos cara a cara cos afectados e coas súas necesidades para colectivizar as respostas e decidir xuntos as cuestións que nos afectan como cidade.

Enfrontamos os problemas mentres sufrimos falta de autonomía e apoio financeiro e, a pesar diso, respondemos con eficacia, rapidez e proximidade institucional e humana ás esixencias da cidadanía. 

E quero finalizar realizando un chamamento á lealdade da Corporación coa Cidade de Lugo, a rebaixar os niveis de enfrontamento e subir os niveis de propostas, así como a unirnos sempre en defensa dos intereses da nosa cidade á marxe dos intereses partidistas.

Porque non esquezamos nunca que un Lugo forte é aquel que suma as forzas de todos e todas”.

Audio

  • La alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre el Debate del Estado del Ayuntamiento 2021 | Descargar mp3

Noticias relacionadas