Juventud organiza un ciclo de conferencias en el que destacados profesionales hablarán de salud mental y adicciones sin sustancias

La primera jornada tendrá lugar el próximo jueves, 25 de abril, a las 19:00 horas, en el salón de actos del centro de convivencia muncipal de Fingoy con el divulgador científico Jorge Mira.

Jorge Bustos: “Pretendemos ahondar en los problemas más actuales derivados de la adicción a las nuevas tecnologías y la relevancia del rol profesional en el abordaje de las mismas”.

Viernes, 19 de abril de 2024
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Juventud organiza un ciclo de conferencias en el que destacados profesionales hablarán de salud mental y adicciones sin sustancias

Catro expertos galegos e de ámbito nacional expoñerán distintos contidos relacionados coa prevención das adiccións sen substancia desde diferentes perspectivas na 5ª edición do ciclo de xornadas ‘Adiccións sen substancia’, organizado polo Executivo de Paula Alvarellos no marco do Plan Municipal de Prevención de Drogodependencias e Outras Adiccións Comportamentais. “Unha sociedade máis informada e mellor formada sobre as adiccións será máis capaz de convivir nun mundo no que estas existan, reducindo o risco de establecer con elas relacións conflitivas”, explicou o edil de Xuventude, Jorge Bustos.

Neste senso, o concelleiro subliñou que “estas xornadas están destinadas ao público xuvenil, profesionais e familias”, polo que animou á participación de toda a veciñanza, xa que “pretendemos afondar nos problemas máis actuais derivados da adicción ás novas tecnoloxías e a relevancia do rol profesional na abordaxe das mesmas, dun xeito cercano e didáctico, actualizando contidos e coñecendo máis dos mesmos”.

Bustos destacou que o Concello aposta por celebrar a quinta edicion deste ciclo que "consideramos moi importante e necesario e máis nun momento no que esta problemática ten cada vez maior incidencia entre a mocidade e adolescencia”. “Así, debemos continuar con estas campañas de sensibilización que son fundamentais para previr a aparición de adiccións entre os mozos e mozas”, destacou.

O ciclo incluirá catro conferencias, totalmente gratuítas, nas que profesionais de diferentes campos falarán de prevención, sensibilización e investigación sobre a educación no mundo dixital e as relacións coas novas tecnoloxías e as adiccións sen substancia en xeral.

Tres das sesións serán abertas á poboación en xeral no salón de actos do centro de convivencia muncipal de Fingoy, e a restante terá lugar nun centro educativo –o IES Lucus Augusti– para favorecer un encontro coa mocidade sendo impartida por un mozo con experiencia nunha das materias, Unai Garma (emprendedor) que falará da súa experiencia e dará consellos e explicará como non caer nalgún tipo de adiccións como é o xogo, así como as principais estratexias da industria e como nos enganan e os seus riscos.

Sesións e ponentes

  • 25 de abril ás 19:00h. Jorge Mira Pérez, catedrático de Física, investigador  e divulgador científico: Coñecendo algunhas bases naturais do noso comportamento.
  • 29 de abril ás 12:50h.  Unai  Garma Arana, emprendedor, no salón de actos do IES Lucus Augusti: Aposta por TI, non xogues con iso.
  • 2 de maio ás 19:00h. Mercedes Pedreira, psicóloga clínica da Unidade asistencial de Lugo: Qué lle pasa a este rapaz/a?.
  • 9 de maio ás 19:00h. Cristina Casal Pena, psiquiatra especialista en infancia e mocidade: Nenos/as e mozos/as empatallados/as e saúde mental.

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa +xTi, programa cofinaciado, polo Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidad e o Concello de Lugo.

Noticias relacionadas