Os tardeos e noiteos do Concello despídense en setembro cunha ampla programación de actividades nos distintos barrios de Lugo

Esta iniciativa enmárcase no movemento Localmente Lucense que a rexedora impulsou para dinamizar as rúas da cidade e fomentar o consumo en establecementos locais.

Así mesmo, mañá regresan os almorzos de negocios cunha nova cita na cafetería Pasarela, para a que están abertas as incricións en www.localmentelucense.gal/almorzo-de-negocios

Mércores, 31 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os tardeos e noiteos do Concello despídense en setembro cunha ampla programación de actividades nos distintos barrios de Lugo

Os tardeos e noiteos promovidos polo Goberno de Lara Méndez despídense neste mes de setembro cunha ampla variedade de actuacións musicais, obradoiros, e actividades para todas as idades nas diferentes zonas da cidade. Esta programación enmárcase no movemento Localmente Lucense que o executivo municipal puxo en marcha, a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego, que dirixe a edil Ana Abelleira, para dinamizar as rúas e os barrios lucenses e impulsar as compras e o consumo no comercio e a hostalería local.

“Os tardeos e noiteos, xunto con outras actividades como os mercadiños á beira do Miño ou as festas temáticas que organizamos na Tinería durante o verán están a resultar un éxito tanto pola participación de veciños e veciñas como pola oportunidade que supoñen estas citas para o comercio e a hostalería da cidade”, valorou Ana Abelleira.

Os tardeos de setembro terán lugar en horario de 17:00 a 20:00 horas, mentres que os noiteos celebraranse de 21:00 a 23:00 horas. Toda a información sobre as diferentes actividades pode atoparse na páxina web https://localmentelucense.gal/tardeosnoiteos/

Almorzo de negocios Localmente Lucense

Así mesmo, a edil lembrou que “mañá, xoves, volven os almorzos de negocios que impulsamos dende o executivo municipal para que o empresariado e os emprendedores amplíen a súa rede de contactos co fin de xerar novas oportunidades de negocio e de emprego”.

Será o quinto que se desenvolverá este ano. Para facilitar á participación, se van organizando en distintos barrios, tamén como unha oportunidade de mobilizar os comercios e negocios da zona. Nesta ocasión, celebrarase na cafetería Pasarela (Rúa Frai Plácido Rei Lemos, 1), en horario de 08:30 a 09:30 horas. Hoxe é o último día para inscribirse a través da páxina web: www.localmentelucense.gal/almorzo-de-negocios.

A edil de Desenvolvemento Local, Ana González Abelleira, convidou ao tecido económico a participar e lembrou que “estes almorzos nacen como un foro no que ampliar a rede de contactos, mellorar a comunicación entre os empresarios e facilitar a creación de lazos”.

Programación dos tardeos e noiteos do mes de setembro

XOVES 1

  • TARDEO na Rúa Rafael de Vega
  • Xogo de palas: Spiribol Challenge e DJ Marcos Peón
  • NOITEO na Pr. do Campo
  • Actuación musical con Deté

VENRES 2

  • TARDEO na Fonte dos Ranchos
  • Funny Photocall, obradoiros de maquillaxe e atrezzo e DJ Alex Nite
  • NOITEO no Cruce As Gándaras
  • Monólogo de Lois Pérez

SÁBADO 3

  • TARDEO na Pr. da Milagrosa **Horario especial: 18:30 a 21:30 horas
  • DJ Alex Mei

DOMINGO 4

  • NOITEO barrio A Milagrosa **Horario especial: 19:00 a 20:30 horas
  • Actuación musical con Charanga Unión Phenosa

SÁBADO 10

  • NOITEO na Rúa Divina Pastora
  • Actuación musical con Atlántida

LUNS 12

  • TARDEO na Pr. da Milagrosa
  • Cirqueando na praza, obradoiros e xogos e DJ Marcos Peón
  • NOITEO na Pr. Augas Férreas
  • Actuación musical con Wicked World

MARTES 13

  • NOITEO na vagoada Campus Universitario
  • Actuación musical con Nebra

MÉRCORES 14

  • TARDEO na Pr. do Castiñeiro
  • Espectáculo e obradoiro de maxia con Roberto Lolo e DJ Leivas
  • NOITEO en Pr. Campo Castelo
  • Actuación musical con Jorobados del Miño

XOVES 15

  • NOITEO no Cruce As Gándaras
  • Actuación musical con Planeta B

LUNS 19

  • TARDEO no Parque Sagrado Corazón
  • Xogando no barrio: xogos xigantes interxeracionais e DJ Zé Pequeno
  • NOITEO na Pr. da Soidade
  • Actuación musical con Holy Damn Band

MARTES 20

  • TARDEO na Pr. Augas Férreas
  • Xoguemos cos avós: xogos populares galegos e DJ Marcos Peón
  • NOITEO na Rúa Divina Pastora
  • Actuación musical con Physical Graffiti

MÉRCORES 21

  • TARDEO na Pr. da Soidade
  • Conto contigo con Capitana Conto e DJ Leivas.
  • NOITEO na Fonte dos Ranchos
  • Actuación musical con Funkombo

XOVES 22

  • TARDEO na Ronda das Mercedes (esquina Avda. De Madrid)
  • Festa e bailes na praza e DJ Dr Think

VENRES 23

  • NOITEO na Pr. Augas Férreas
  • Actuación audiovisual con Hänselus

SÁBADO 24

  • TARDEO na Ronda do Carme (esquina Marqués de Ombreiro)
  • A feira no teu barrio, obradoiro de malabares e DJ Leivas

DOMINGO 25

  • TARDEO nos xardíns do Dr. Miguel A. González López
  • Xogando no barrio: xogos xigantes interxeracionais e DJ Lanetti Jr.

LUNS 26

  • TARDEO na Fonte dos Ranchos
  • Cirqueando na praza, obradoiro de cariocas, xogos de habilidade e DJ Alex Mei

MARTES 27

  • NOITEO en A Ponte
  • Actuación musical con La Disquetera

MÉRCORES 28

  • TARDEO no Parque Roi Xordo (Pr. Roja de Fingoi)
  • Xogo de palas: Spiribol Challenge e La Sombra del Humo
  • NOITEO na Pr. do Campo
  • Actuación musical con Xeosmina

VENRES 30

  • TARDEO na Pr. Anxo Fernández Gómez
  • Final do concurso de DJ’s.
  • NOITEO na Fonte dos Ranchos
  • Actuación musical con Carta de Ajuste
 

Noticias relacionadas