O paseo fluvial do Miño acollerá esta fin de semana un mercadillo de produtos galegos e portugueses enmarcado na Capital da Cultura

A programación, posta en marcha polo executivo municipal, dará comezo o sábado ás 12:00 horas coa apertura de stands e incluirá unha zona miúda, degustacións e un Dj.

Lara Méndez convidou a toda a cidadanía a participar nesta cita “na que ademais se poderá participar en xogos, obradoiros e actividades pensadas para o goce en familia”.

Toda a información sobre esta actividade atópase en www.lugocapitaldacultura.com

Venres, 12 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O paseo fluvial do Miño acollerá esta fin de semana un mercadillo de produtos galegos e portugueses enmarcado na Capital da Cultura

O paseo fluvial do Miño acollerá esta fin de semana, nas inmediacións da Ponte Romana, un mercadillo ao aire libre de produtores/as e artesáns/ás galegos e portugueses que exporán unha ampla variedade de artigos, dende cosmética natural, licores artesanais, roupa sostible, produtos ecolóxicos ou alimentos gourmet, entre outros. Esta iniciativa enmárcase na programación posta en marcha polo executivo de Lara Méndez con motivo da Capital da Cultura do Eixo Atlántico.

“A contorna do Miño é un escenario magnífico para a promoción e a posta en valor dos produtos tradicionais galegos e portugueses, sendo unha das zonas máis destacadas da nosa cidade pola súa beleza paisaxística e riqueza natural, lugar habitual, ademais, de paseo para os lucenses”, subliñou a alcaldesa quen destacou, así mesmo, que precisamente este río “é un dos nexos de unión entre o pobo galego e portugués”.

A programación dará comezo o sábado ás 12:00 horas, coa apertura de stands, e estenderase ata a última hora do domingo. Ademais de expositores haberá unha zona miúda para os máis cativos, degustacións de vermouth e a actuación dun Dj que porá música ao evento. Neste senso, a rexedora convidou a toda a cidadanía a participar nesta cita “que contará cun ambiente pensado para un público de todas as idades, no que se poderá participar en xogos, obradoiros e unha diversidade de actividades pensadas para o goce en familia”.

Toda a información sobre esta actividade, así como do resto da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico pode consultarse a través da páxina web www.lugocapitaldacultura.com,  onde se atopan actualizados os horarios, ubicacións e datas das diferentes iniciativas que terán lugar ao longo do ano na cidade amurallada.

Expositores participantes

  • Anuhn Nazar: gena de mans.
  • Rural o Urbano: produtos ecolóxicos.
  • Duo Baking: repostería.
  • What Style: roupa ecolóxica.
  • Las Manos del Alma: cosmética natural.
  • Barbudos: licores artesanais.
  • Aoba Upcycling: roupa sostible.
  • Particular Rosaplay: xoguetes, playmobil.
  • Artesanias Rayos De Luz: ganchillo.
  • Coloman Tattoo: láminas, ilustracións.
  • Sueños Maternales: crianza respetuosa, roupa, calzado, xoguetes...
  • Carniceria Gourmet Brais: produtos gourmet de alimentación.
  • Esencia Viva: cosmética natural.
  • Agarimo: bixutería e xoguetería.
  • Beatriz Varela: aromas artesanais.

Programación do mercadillo

Sábado, 13 de maio

  • 12.00h a 14.30h e de 16.30h a 20.30h Apertura stands de venda de produtos e artesanía galaicos - portugueses.
  • 16.30h a 20.30h Apertura da zona miúda: pista americana hinchable e zona de obradoiros.

Domingo, 14 de maio

  • 11.00h a 14.30 e de 16.30 a 20.30h Apertura stands de venda de produtos e artesanía galaicos - portugueses.
  • 12.00h a 14.30h Apertura da zona miúda: pista americana hinchable e zona de obradoiros.
  • 13.00h a 14.00h Degustación de vermouth, amenizada por DJ.
  • 16.30h a 20.30h Apertura da zona miúda: pista americana hinchable e zona de obradoiros.

Noticias relacionadas