O Concello reforza o vindeiro día 1 de novembro o autobús urbano que cubre a ruta ao cemiterio municipal

Haberá dous buses, dende as 09:30 ás 19:00 horas, con saída dende sindicatos, cada 20 minutos, por Ronda da Muralla, rúa Santiago, Ponte Vella, Estrada Vella de Santiago e cemiterio, e viceversa

O camposanto amplía o seu horario habitual dende hoxe ata o día 2, de 10:00 a 19:00 horas de xeito ininterrompido

Xoves, 27 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un ano máis, o Concello reforza o vindeiro día 1 de novembro, día de Todos os Santos, o servizo de autobús urbano que cubre a ruta ao cemiterio municipal de San Froilán, para facilitarlles aos veciños e veciñas o seu achegamento a este espazo nestas datas sinaladas. Así, haberá dous buses, dende as 09:30 ás 19:00 horas, con saída dende sindicatos, cada 20 minutos, por Ronda da Muralla, rúa Santiago, Ponte Vella, Estrada Vella de Santiago e cemiterio, e viceversa. Ademais, funcionará o servizo normal da liña 5E, que realizará o seu itinerario e horario normales dun día festivo.

Este mesmo día, en xornada de mañá e tarde, o grupo de música clásica Straniki ofrecerá actuacións musicais. Ao día seguinte, o 2 de novembro, terá lugar a tradicional ofrenda da Corporación Municipal ás 12:00 horas no Xardín das Lembranzas, e celebrarse un percorrido guiado polo cemiterio.

Do mesmo xeito, o camposanto amplía o seu horario habitual dende hoxe ata o día 2 de novembro, de 10:00 a 19:00 horas de xeito ininterrompido.

Noticias relacionadas