O Concello de Lugo aproba en Xunta de Goberno a saída a concurso da subministración de 300 ordenadores para a implantación da Administración Electrónica

Aprobada a  contratación da subministración mediante a modalidade de renting de catro vehículos híbridos, adquisición que se enmarca dentro do programa de goberno de Lara Méndez para conseguir unha cidade máis ecolóxica e respectuosa co medio ambiente.

Aprobouse a contratación de obras de rexeneración de firmes que suman un total de 84.542,26 euros.

Luns, 30 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, convocaba esta mañá unha Xunta de Portavoces extraordinaria na cal se aprobou entre outros temas que sae a concurso a contratación da subministración de 300 ordenadores para a renovación dos anteriores equipos co fin seguir a traballar na correcta implantación da administración electrónica, de forma que os traballadores do concello poidan gañar rapidez e comodidade e dar un mellor servizo ós veciños e veciñas de Lugo á hora de resolver as súas xestións. A suma da adquisición  destes equipos é por valor de 319.712,25€.  O contrato cubrirá o subministro, configuración e instalación dos equipos, con carácter xeral, os sistemas ofertados deberán ser conformes coa normativa vixente autonómica, estatal e comunitaria no referente aos aspectos de calidade, ergonómicos, medioambientais, aforro enerxético, compatibilidade electromagnética, redución da radiación emitida e seguridade.

Tamen se aprobou a  contratación da subministración mediante a modalidade de renting (sen opción de compra) e mediante lotes de tres vehículos híbridos patrulla e un vehículo híbrido crossover Suv para renovar parte do parque móbil da Policía, dita adquisición enmárcase no programa de goberno de Lara Méndez para conseguir unha cidade máis ecolóxica e respectuosa co medio ambiente.

Dende a área de Medio Ambiente aprobouse a contratación da obra da nova Praza – Xardín a construír na confluencia entre as rúas Manuel María e Túnel de Oural. Terá un prazo de execución de tres meses, e un orzamento base de 139.392 euros con cargo o Plan de Barrios 2018. Os traballos consistirán na realización de movementos de terras, tarefas de pavimentación para as que se empregará formigón acado impreso coloreado e matrices con debuxos de pequena escala tipo mosaico e levarase a cabo a explanación de xardíns, así como a acometida da instalación eléctrica. O obxectivo e crear un novo punto de encontro para a convivencia veciñal, no que terá un especial protagonismo o chafariz, con decoracións cerámicas que representan lavandeiras e sereas.

Na área de Medio Rural aprobouse a contratación da subministrascion dun vehiculo PA (pala) mixta retrocargadora de nova fabricación cun orzamento de 88.000€ e un vehículo Dumper autocargable tamen de nova fabricación por importe de 37.000€.

Nesta mesma área aprobaronse as contratacións de obras de rexeneración de firmes que suman un total de 84.542,26 euros. Unha cantidade importante que servirá para acometer obras moi necesarias e, sobre todo, moi demandadas pola veciñanza do rural en  vías que sofren certo deterioro, debido ó volume de tránsito que rexistran e sobre as que era necesario actuar para garantir a seguridade dos residentes nos núcleos, na súa vida cotiá.

A estradas de San Salvador de Muxa á Ronda Norte cun custo de 33.221€; así como a da estrada da Rúa da Industria a Bagueixos por valor de 22.365,96 e a da estrada de Mazoi a Cacabelos por 28. 955,30.

Noticias relacionadas