Medio Rural mellorará os accesos aos núcleos de Santa María Alta e Matelo cun investimento de 76.410 €

A Xunta de Goberno adxudicará mañá á empresa Francisco Gómez y Cia SL a execución dos labores que deberán estar finalizados nun prazo de dous meses.

 
Martes, 23 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural mellorará os accesos aos núcleos de Santa María Alta e Matelo cun investimento de 76.410 €

A área de Medio Rural, que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, mellorá os accesos as núcleos de Santa María Alta e Matelo.

A Xunta de Goberno adxudicará mañá á empresa Francisco Gómez y Cia SL a realizacións dos traballos por un importe de 76.410 €, que serán financiados con cargo aos fondos do Plan Único de Cooperación que o Concello de Lugo mantén coa Deputación Provincial.

O concelleiro sinalou que os labores previstos - que unha vez formalizado o contrato terán un prazo de execución de dous meses - incluirán a rexeneración do firme mediante aglomerado en quente, alén da limpeza de beiravías e a adaptación dos rexistros existentes ás novas rasantes.

“Trátase de obras coas que, dende o Executivo de Lara Méndez, “queremos atender as demandas que nos traslada a veciñanza así como incrementar a seguridade viaria e a calidade de vida nas parroquias, favorecendo o asentamento poboacional a través da mellora das dotacións públicas e das infraestruturas municipais”, concluíu o edil.

Audio

Noticias relacionadas