Máis de 200 establecementos da cidade participaron na campaña de Nadal do Concello, que agasallou con viaxes en globo a 300 persoas

Foron 208 locais en total, distribuídos por toda a cidade, os que solicitaron e  luciron nas pasadas semanas os adornos navideños repartidos polo Concello

O executivo promoveu as compras no comercio local sorteando viaxes en globo, unha iniciativa que xerou un gran interese, rexistrándose máis de 5.000 tíckets

Ademais, na Avenida da Coruña celebráronse numerosas actividades, seguindo os protocolos sanitarios, que contaron cunha ampla participación cidadá

Martes, 12 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 200 establecementos da cidade participaron na campaña de Nadal do Concello, que agasallou con viaxes en globo a 300 persoas

Máis de 200 establecementos da cidade adheríronse á campaña de Nadal posta en marcha polo Goberno de Lara Méndez, a través da Área de Desenvolvemento Local e coa colaboración da Federación de Comercio, baixo a marca Lugo é Capital, co obxectivo de dinamizar as rúas e establecementos da cidade e promover as compras no pequeno comercio lucense. Deste xeito, foron un total de 208 locais distribuídos por toda a cidade os que solicitaron e luciron ao longo das pasadas semanas os adornos navideños repartidos polo Concello.

Así mesmo, o executivo municipal quixo agasallar a fidelidade de todas aquelas persoas que realizaron as súas compras nos establecementos de proximidade, sorteando viaxes en globo aerostático. Esta iniciativa xerou un gran interese entre a cidadanía, pois máis de 5.000 persoas rexistraron os seus tíckets na web www.lugonadal.com para participar no sorteo. En total, celebráronse 4 sorteos, podendo subir ao globo uns 300 lucenses.

Neste senso, o concelleiro de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, destacou “a boa acollida desta campaña, tanto entre os comerciantes como entre a cidadanía” e agradeceu a todas e todos os lucenses “o seu apoio aos pequenos establecementos da cidade, nun momento de especial dificultade, polas restriccións derivadas da pandemia”.

Por outra banda, durante os días 10 e 16 de decembro 4 recoñecidos influencers visitaron algunhas das tendas participantes nesta campaña e publicaron nos seus perfís de Instagram diferentes vídeos para promocionar os comercios lucenses. Ademais, na Avenida da Coruña celebráronse numerosas actividades, seguindo os protocolos sanitarios, que contaron cunha ampla participación cidadá.

Entre o 7 e o 20 de decembro, tivo lugar unha campaña de animación para os nenos e nenas, consistente na entrega, a través dun Elfo, de globos e cartas para Papá Noel e a posterior recollida das mesmas por Papá Noel, entre o día 21 e 24, nunha carpa instalada na rúa Menorca, á que se achegaron uns 200 nenos en total.

O día 22 de decembro, como preámbulo á celebración dos días grandes de Nadal, celebrouse un concerto de panxoliñas para ambientar as rúas da zona.

Tamén tivo unha importante participación a actividade de trocar tickets de compras dos establecementos da zona da Avenida da Coruña por agasallos a elixir entre cuncas, bólas decorativas, axendas ou blocks de notas. Un copito de Neve encargouse cada xoves de decembro de facer estes trocos, entregándose preto de 1.200 agasallos.

Con motivo da festividade dos Reis Magos, os días 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de Xaneiro, distribuíronse polos establecementos comerciais 500 cartas para enviar ás súas Maxestades de Oriente. Un paxe real recolleu as 150 cartas dos nenos que se achegaron ata a carpa situada na rúa Menorca para entregalas.

Todas estas actividades realizáronse coa colaboración da Federación de Comercio de Lugo e seguindo as medidas hixiénico-sanitarias previstas por mor da Covid-19. Con este fin, contaron con persoal de vixilancia para respectar o distanciamento social o máximo de persoas por grupo, a esixencia de máscara ou o uso de xel hidroalcohólico.

Audio

  • O concelleiro de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, sobre o balance da campaña Nadal | Descargar mp3

Noticias relacionadas