Lara Méndez destaca o compromiso de Lugo de traballar desde a sostibilidade local para unha transformación global e xusta

A rexedora participou este mércores na segunda xornada do Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional que se celebrou no Vello Cárcere.

Mércores, 08 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca o compromiso de Lugo de traballar desde a sostibilidade local para unha transformación global e xusta

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este mércores na mesa redonda “A Axenda 2030 na planificación municipal: todos os ODS son locais”, no marco do II Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, que celebrou hoxe a súa segunda xornada no centro cultural O Vello Cárcere.

Durante esta sesión, Méndez, que lembtou que Lugo é “a cidade galega máis avanzada nos obxectivos de desenvolvemento sostible”, tal e como sinalou o informe Os ODS en 100 cidades españolas, fixo fincapé na necesidade de “traballar desde o local para influír tamén no global para acadar sociedades xustas, equitativas e igualitarias”. Como exemplo, citou o exemplo da loita contra o cambio climático na que Lugo é pioneira en medidas públicas, e apuntou que “para o 2030, o 60% poboación vivirá nas cidades, e para 2050 farao un 70%. E as cidades son responsables do 75% da demanda de enerxía global e xeran un 80% de todas as emisións de gases de efectos invernadoiro, de aí a importancia de actuar dende os municipios”.

En Lugo témolo claro, por iso, estamos a traballar desde 2015 nunha segunda transformación da cidade da man da sustentabilidade, políticas que son transversais en todas as áreas de Goberno. As nosas estratexias urbanas buscan un Lugo con baixos niveis de contaminación, máis espazo para os cidadáns como peóns, unha nova mobilidade naja en carbono, abundantes espazos naturais, baixas emisións de gases efecto invernadoiro e un crecemento urbanístico baseado en edificacións bioclimáticas”, apuntou.

Neste senso, o Concello de Lugo é referente na loita contra o cambio climático con proxectos pioneiros a nivel nacional e internacional para facer fronte á emerxencia climática e reducir as emisións de CO2: no relativo á mobilidade (carril bici, peonalizacións, etc); urbanismo (incremento de zonas verdes; bosque urbano; deseño do primeiro barrio multiecolóxico de España, etc); ou a construción de novas dotacións públicas (Impulso Verde, Caldas, Edificio Social de Lamas de Prado, etc).

As sesións plenarias do evento finalizaron esta tarde e mañá porase o broche de ouro desta segunda edición do Encontro Estatal cunha visita ao edificio municipal Impulso Verde.

Noticias relacionadas