Lara Méndez achega á Praza Maior os proxectos dos coworking municipais do CEI Nodus e A Tinería para darlles visibilidade

Farao a través do evento Vive Praza, que terá lugar este venres, en horario de 11:00 a 23:00 horas, e contará con actuacións musicais, obradoiros e contacontos.

Lara Méndez: “Será unha gran oportunidade para visibilizar os produtos e servizos de novos emprendedores lucenses que están a medrar nos viveiros municipais”.

A iniciativa enmárcase no movemento Localmente Lucense, promovido polo executivo municipal a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego.

Luns, 05 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez achega á Praza Maior os proxectos dos coworking municipais do CEI Nodus e A Tinería para darlles visibilidade

O Goberno de Lara Méndez organizará este venres unha xornada para dar a coñecer e poñer en valor os proxectos instalados nos viveiros de empresas municipais. Baixo o título Vive Praza, o evento terá lugar na Praza Maior, en horario continuado de 11:00 a 23:00 horas e contará con actuacións musicais, obradoiros e contacontos.

A alcaldesa apuntou que esta cita “será unha gran oportunidade para visibilizar e promover, dende o corazón de Lugo, unha vintena de proxectos, produtos e servizos de novos emprendedores e emprendedoras lucenses que están a dar os seus primeiros pasos e medrando nas incubadoras empresarais do CEI Nodus e A Tinería”.

A iniciativa enmárcase no movemento Localmente Lucense, promovido polo executivo municipal, a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego, que dirixe a edil Ana Abelleira. En concreto, trátase dunha das accións específicas postas en marcha pola alcaldesa para dinamizar os viveiros de empresas municipais, enmarcadas no ‘Plan de fomento do emprendemento e a consolidación empresarial’, que inclúe outras actuacións como os almorzos de negocios, charlas con reputados expertos programas de formación, cine ao aire libre ou xornadas de portas abertas.

Lara Méndez convidou a todos os e as lucenses a participar nesta nova xornada e descubrir “as novas propostas que están a desenvolver os emprendedores e emprendedoras da cidade nun ámbiente festivo e lúdico, pois o evento contará cunha sesión vermú, na que se fomentará o networking, ludoteca para crianzas desde tres anos, un obradoiro infantil relacionado co emprendemento, un contacontos e, como peche final, unha actuación musical”.

Toda a información da xornada, así como as inscricións e bases, poden atoparse na páxina web http://localmentelucense.gal/vivepraza/

Programación

  • 11.00 horas. Benvida, explicación da xornada e apertura de postos do mercadiño emprendedor.
  • De 11.15 a 23.00 hLudoteca infantil (a partir de 3 anos). Con inscrición previa – 20 prazas –
  • De 12.00 a 14.00 hPresentación dos proxectos emprendedores dos viveiros de empresa municipais. Parte I.
  • 14.30 hSesión vermú emprendedora co DJ Álex Mei.
  • De 16.30 h. a 20.30 hPresentación dos proxectos emprendedores dos viveiros de empresa municipais. Parte II.
  • 18.00 h. Contacontos emprendedor para público infantil.
  • 19.00 hObradoiro infantil, Design Thinking (proceso que se apoia en ferramentas e técnicas que axudan a descubrir os insights necesarios para realizar con éxito un proxecto, axudan a seguir un fío condutor, e potencian a creatividade e a análise.). Con inscrición previa.
  • 21.00 hEntrega de diplomas e obsequios a emprendedores dos viveiros e participantes no taller infantil.
  • 21.30 h. Actuación musical de Los Alcántara.

Noticias relacionadas