A concellería de Xuventude organiza, no mes de xullo, diferentes actividades de aventura no medio natural

Terán lugar os sábados 1, 8, 15 e 22 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, en Lucus Aventur.

 As inscricións poderán realizarse en www.lugomasxti.org a partir do 26 de xuño habendo 15 prazas por quenda de Multiaventura, e 10 prazas por quenda de Laser tag.

Mércores, 14 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude organiza, no mes de xullo, diferentes actividades de aventura no medio natural

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, e dentro do Programa +XTI 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD)), convida á xuventude a participar no mes de xullo, en diferentes actividades de aventura no medio natural.
 
Unha programación de actividades dirixidas á xuventude de 14 a 35 anos empadroada no Concello de Lugo, que  será abertan e gratuítas. Terán lugar os sábados 1, 8, 15 e 22 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, en Lucus Aventur - Bandelo, s/n (Ombreiro, Lugo)- .
 
As inscricións poderán realizarse en www.lugomasxti.org a partir do 26 de xuño habendo 15 prazas por quenda de Multiaventura, e 10 prazas por quenda de Laser tag sendo a inscrición por rigorosa orde.
 
"O obxectivo é consolidar unha oferta variada de actividades para que a mocidade poida gozar do seu tempo libre dunha forma divertida, saudable e ao aire libre”, asegurou a rexedora, Lara Méndez, quen subliñou que a idea do Concello é que estas iniciativas “sirvan, ademais, para que os e as mozas da cidade se coñezan e compartan afeccións e intereses comúns”.   
 
Aventura no Medio Natural

Sábado 1 -  Pack Multiaventura

  • Tirolinas, tiro con arco e ruta en kayak.
  • Quenda de mañá: 10:00 a 14:00 h.
  • Quenda de tarde: 16:00 a 20:00 h.
  • Incricións ata o día 29 de xuño.

 Sábado 8 -  Pack Multiaventura

  • Tirolinas, tiro con arco  e ruta en eBike.
  • Quenda de mañá: 10:00 a 14:00 h.
  • Quenda de tarde: 16:00 a 20:00 h.
  • Incricións ata o día 6 de xullo.

 Sábado 15 -  Pack Multiaventura

  • Tirolinas, tiro con arco e ruta en kayak.
  • Quenda de mañá: 10:00 a 14:00 h.
  • Quenda de tarde: 16:00 a 20:00 h.
  • Incricións ata o día 13 de xullo.

 Sábado 22 - Partidas Laser Tag

  • Quendas de mañá: 11:00 a 12:00h de 12:00 a 13:00h, e de 13:00 a 14:00 h.
  • Quendas de tarde: 16:00 a 17:00h de 17:00 a 18:00h, e de 18:00 a 19:00 h.
  • Incricións ata o día 20 de xullo.

Noticias relacionadas