Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 28 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación con condutora ferida

Á primeira hora da mañá do día de onte 27 de xullo, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á zona da Fervedoira xa que se producira unha saída de vía.

Os axentes observan como a condutora saíra do vehículo e presentaba lesións, que inicialmente non revisten gravidade, sendo requirida a presenza dunha ambulancia que a traslada ao HULA para a súa valoración médica. Manifesta que cando ía circulando pola devandita vía fregou os ollos porque viña de durmir, perdendo o control do vehículo, impactando contra ao guardarrail e precipitándose polo desnivel existente, levantando os axentes o correspondente atestado por estes feitos. (Adxúntase imaxe)

Incendio en maleza

Ao mediodía do día 27 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a unha leira situada na parte baixa da rúa do Carme xa que se producira un incendio.

Os axentes comproban que se trata dun incendio nunha zona de maleza baixa e seca, cortando a circulación da rúa Poeta Noriega Varela e requirindo a presenza dunha dotación de Bombeiros que logran extinguir o incendio, restablecendo a circulación da vía. (Adxúntase imaxe).

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada do día 28, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron diversos filtros de seguridade viaria, en vías do centro urbano, co fin de comprobar o estado de vehículos, documentación e control de alcoholemia e drogas, co seguinte balance:

  • DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (alcol e carencia de permiso de condución): na rúa Fábrica da Abella dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,31 mg/l, comprobando tamén que devandito condutor CARECE de permiso de condución por NON OBTELO NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria, na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (altas taxas de alcol): Na rúa Camiño de Pipín dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,82 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • DROGAS: Na rúa Manuel Portela detéctase a circulación irregular dun vehículo cuxo condutor presenta signos de consumir sustancias estupefacientes, sendo sometido ás probas regulamentarias co equipo drogotest, arroxando un resultado POSITIVO en COCAÍNA, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir, inmobilizando o vehículo.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas