Arrinca o Arde Lvcvs MMXVI, con actividades para conmemorar o seu 15 aniversario

Dende esta tarde e ata domingo, Lugo revivirá o seu pasado romano, agardando a chegada dunhas 600.000 persoas

Xoves, 16 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Dende esta tarde e ata domingo, Lugo revivirá o seu pasado romano, agardando a chegada dunhas 600.000 persoas

O Arde Lvcvs, que por primeiro ano dura 4 días, arrincou esta tarde coa apertura de portas da Muralla, a cargo da Guardia Pretoriana. Posteriormente, as tropas romanas e castrexas, acompañadas pola Alcaldesa e outros membros da Corporación Local, desfilaron polas rúas da cidade. Na primeira das catro xornadas desta festa de recreación histórica, que contempla máis de 400 actividades, das que 50 son novidades, e que agarda reunir en Lugo a unhas 600.000 persoas, tamén se contempla a presentación dun libro, teatro, o acendido do lume sagrado, así como o musical Hércules e unha comida de confraternidade, para conmemorar o 15 aniversario destes festexos. 

Noticias relacionadas