A Alcaldesa sostén a gran proxección para a cidade que supón ser meta dunha etapa da Volta Ciclista a España

Lara Méndez e o resto de alcaldes dos concellos galegos polos que transcorre esta cita deportiva, mantiveron este xoves un encontro co presidente da Xunta

Xoves, 17 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa sostén a gran proxección para a cidade que supón ser meta dunha etapa da Volta Ciclista a España

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o resto de alcaldes dos concellos galegos polos que transcorren as distintas etapas da Volta Ciclista a España 2016, un total de 73, mantiveron este xoves na Cidade da Cultura de Santiago un encontro co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, onde se avanzaron detalles da 71ª edición deste evento deportivo, que volverá a acoller Lugo o 24 de agosto, despois de 10 anos.

Tras a xuntanza, a rexedora sostivo a gran proxección para a cidade que supón ser meta dunha etapa da Volta, tanto polos beneficos económicos como pola súa repercusión mediática e o recoñecemento público, posto que a meta é o momento de máxima audiencia en televisión, “o que poñerá o foco na nosa cidade e supoñerá unha importante proxección de Lugo para o fomento do turismo, que continúa coa tendencia á alza nos últimos meses”.  

Así, Méndez referiuse a esta proba deportiva como un “magnífico escaparate onde mostrar o importante potencial turístico que posee Lugo”, pois este evento move a máis de 20.000 espectadores de media por etapa e é retransmitido nuns 190 países dos cinco continentes.

No que se refire ao impacto económico, a Volta Ciclista a España suporá uns beneficios na cidade de ao redor dun millón de euros, segundo estimacións dos organizadores.  “Calquera campaña de promoción de Lugo sería máis cara que recibir á Volta”, asegurou Méndez, posto que máis de 1.400 xornalistas transmiten esta carreira, 1.400 persoas que logo poderán exercer de embaixadores de Lugo nos seus lugares de procedencia como Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, Camerún, Canadá ou Colombia, entre outros.

Multimedia

  • A Alcaldesa sostén a gran proxección para a cidade que supón ser meta dunha etapa da Volta Ciclista a España

Noticias relacionadas