A alcaldesa Paula Alvarellos reúnese co presidente da Federación de Comercio de Galicia

A rexedora interesouse pola situación do colectivo e expuxo as distintas liñas de actuación que o seu Executivo leva a cabo en apoio ao comercio local e en prol da dinamización do tecido empresarial lucense.

 
Luns, 19 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa Paula Alvarellos reúnese co presidente da Federación de Comercio de Galicia

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo unha xuntanza esta mañá con José María Seijas, Presidente da Federación de Comercio de Galicia. Este foi o primeiro encontro de caracter institucional que a rexedora mantén co representante da entidade de comerciantes. Durante a reunión, Alvarellos Fondo interesouse pola situación do colectivo e expuxo as distintas liñas de actuación que o seu executivo leva a cabo en apoio ao comercio local e en prol da dinmazación do tecido produtivo lucense.   

“Seguiremos traballando de forma colaborativa con este colectivo para que esta unión tradúzase nunha ganancia de competividade para o noso comercio. O obxectivo é que os nosos autónomos e autónomas poidan sacar o máximo partido ás súas potencialidades e o comercio local gañe impulso como xerador de emprego no nosos municipio”, sinalou Alvarellos Fondo ao rematar a xuntanza.

Noticias relacionadas