A Alcaldesa exponlle o proxecto Lugo Smart City aos responsables da campaña Mi ciudad inteligente

O proxecto, de 4,12 millóns de euros, engloba 9 iniciativas. Entre elas inclúese a implantación da administración electrónica, a xestión de aparcamento a través de sensores para 200 prazas, a lectura de auga ou a detección de almacenamento nos colectores de lixo

Mi ciudad inteligente recorre nun coche eléctrico as 82 cidades da Rede Española de Cidades Intelixentes, asociación que respalda o proxecto. Lugo é a primeira cidade galega que visita a iniciativa, que arrincou o pasado mes de xuño e terá lugar ata xaneiro, recorrendo máis de 30.000 quilómetros

Luns, 17 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa exponlle o proxecto Lugo Smart City aos responsables da campaña Mi ciudad inteligente

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns aos xeógrafos Pablo Rodríguez e Eduardo Bustillo, que chegan a Lugo no seu recorrido polas 82 cidades da rede de smart city, dentro do proxecto Mi ciudad inteligente, co que se busca analizar e difundir as cidades intelixentes e a mobilidade sostible en España.

Neste encontro, que tivo lugar no Edificio de Novas Tecnoloxías, a rexedora expúxolles aos responsables de dita campaña o Lugo Smart City, de 4,12 millóns de euros. Este proxecto engloba as distintas iniciativas que leva a cabo o Concello para converter a Lugo nunha cidade intelixente, un concepto con moitas definicións, pero que ao Goberno Local lle gusta a que considera unha cidade como intelixente "cando as inversións en capital humano e social, en infraestruturas e comunicación tradicionais e modernas, fomentan un desenvolvemento económico sostible e unha elevada calidade de vida". Nesta liña, Méndez apelou ás smart city como sinónimos de "cidade viva, audaz e perserverante".

A Alcaldesa precisou que, entre as iniciativas de dito proxecto, a máis importante, no que se refire ao presuposto asigando, é a implantación da administración electrónica. Así mesmo, co Lugo Smart City, o Goberno potenciará o uso da tarxeta cidadá, co que a veciñanza lucense poderá efectuar distintos trámites, como o pago de recibos; e impulsará unha xestión intelixente do control lúminico do alumeado na zona rural e urbana; dos colectores de auga, de residuos sólidos urbanos ou da eficiencia enerxética en dependencias municipais. O proxecto engloba tamén unha plataforma de xestión intelixente de infraestruturas locais basado no GIS (sistema de información xeográfica) para a xestión adminsitrativa, económica, urbanística, ocupación da via pública, infraestruturas e mobiliario urbano e a mellora do portal de transparencia.

A Alcaldesa exponlle o proxecto Lugo Smart City aos responsables da campaña Mi ciudad inteligente

O proxecto, de 4,12 millóns de euros, engloba 9 iniciativas. Entre elas inclúese a implantación da administración electrónica, a xestión de aparcamento a través de sensores para 200 prazas, a lectura de auga ou a detección de almacenamento nos colectores de lixo

O Lugo Smart City tamén contempla a creación de 200 prazas de aparcadoiro intelixente, que permitirá ás persoas usuarias coñecer a dispoñibilidade de estacionamento a través dunh aplicación móbil.

Tal e como manifestou a rexedora, co Lugo Smart City o Concello busca integración para involucarar á cidadanía nos procesos adminsitrativos da entidade local, eficiencia para mellorar a prestación de servizos públicos locais con alta incidencia no cidadán a través de cambios nos modelos de xestión apoiados nas TIC; transparencia para facilitar o acceso, a consulta e o uso dos datos públicos dos servizos municipais e coordinación, para axilizar o traballo entre as áreas municipais a través da integración de servizos intelixente.

Lara Méndez confirmou que o Goberno Local ultima, xunto ao propio Ministerio, a redacción dos pregos para proceder á licitación das 9 iniciativas incluídas neste proxecto, actuacións que se ocupará de adxudicar o propio Ministerio. Deste xeito, previsiblemente despois do verán realizarase unha licitación conxunta do proxecto, para o que o Concello aporta o 40% do orzamento e o Ministerio o 60% restante.

Mobilidade sostible e inclusiva

Con este proxecto de smart city tamén  "queremos complementar moitas actuacións de mobilidade que levamos a cabo no Concello, en base a parámetros como contaminación acústica ou mediomabiental", subliñou Méndez quen lembrou a limitación a a 30 Km/h a Ronda da Muralla e zona de convivencia nodal coa bicicleta, a ampliación das prazas dos aparcadoiros subterráneos, a proxección de 7 aparcadoiros disuasorios de 12.000 m2 e 600 novas prazas e a humanización da Avenida Duquesa de Lugo, da rúa Soto Freire ou da Praza Agro do Rolo, así como a peatonalización de Quiroga Ballesteros e a Praza da Milagrosa, que está prevista para os vindeiros meses.

Mi ciudad inteligente

O proxecto Mi ciudad inteligente, desenvolvido por Geocyl, recorre nun coche eléctrico e intelixente as 82 cidades da Rede Española de Cidades Intelixentes, asociación que respalda institucionalmente este proxecto. Lugo é a primeira cidade galega que visita este proxecto na súa segunda edición, que arrincou o pasado mes de xuño e terá lugar ata xaneiro de 2018, recorrendo máis de 30.000 quilómetros. Tras o acto de presentación, no que tamén estiveron presentes un representante de Renault, así como técnicos municipais; a rexedora, xunto aos xeólogos, fixeron un recorrido dende a Praza Anxo Fernández Gómez ao CEI-NODUS nun coche eléctrico, unha viaxe con efecto demostrador de como é posible unha mobilidade interurbana 100% eléctrica, recabando datos de niveis de ruído e contaminación acústica. A campaña conta cunha vertente social, pois venderanse pulseiras co fin de recaudar fondos na loita contra o cancro.

Ademais, esta experiencia servirá para compartir información entre os membros da RECI, comprobar como evolucionaron os trinta núcleos que se visitaron en 2013, e coñecer as estratexis das novas cidades que se incorporaron durante todos estes anos a RECI.

Multimedia

  • A Alcaldesa exponlle o proxecto Lugo Smart City aos responsables da campaña Mi ciudad inteligente
  • A Alcaldesa exponlle o proxecto Lugo Smart City aos responsables da campaña Mi ciudad inteligente

Noticias relacionadas