Área de Cultura, Turismo, e Promoción da Lingua

Actualidade

O Arde Lvcvs 2024 contará con oito postos para a promoción e difusión de empresas interesadas na Rúa Quiroga Ballesteros
Venres, 03 de maio de 2024

A finalidade é crear un novo espazo de recreación histórica dentro da festividade, que semelle as vías de mercado que existían na antiga Roma.

“Detectamos un interese crecente por parte das empresas por poder ter presenza nesta cita de proxección internacional, de aí esta innovadora iniciativa”, destacou Jorge Bustos.

O prezo de saída de cada parcela, de 3x2 metros cadrados, é de 1.000 euros e o prazo de presentación de ofertas xa se atopa aberto ata o vindeiro 24 de maio.

Así mesmo, Bustos informou que nos vindeiros días se publicarán os adxudicatarios dos 18 postos do Macellvm da Praza Maior que se atopaban vacantes e que o Concello ofertou.

Xuventude organiza un campionato de carreiras virtuais de condución con 800 euros en premios, a través da programación do +Xti
Xoves, 02 de maio de 2024

As inscricións, totalmente de balde, estarán abertas do 6 de maio ao 4 de xuño. O torneo terá lugar os días 14, 15, 21 e 22 de xuño na Casa da Xuventude.

O Caudal Fest presenta o seu cartel definitivo para a edición de 2024 á que se suman os grupos galegos Carlangas y Los Cubatas e Lontreira
Xoves, 02 de maio de 2024

A rexedora, Paula Alvarellos, anunciou este xoves as últimas incorporacións que estarán presentes na vindeira edición do que xa é un dos festivais máis importantes do país.

O Concello volverá a ser o principal impulsor e dinamizador da cita, que contará un ano máis co patrocinio de Estrella Galicia, como principal sponsor privado.

As entradas atópanse á venda en www.caudalfest.es.

Maite Ferreiro presenta a 51 edición do Festival de Música Cidade de Lugo
Xoves, 02 de maio de 2024

Maite Ferreiro: "trátase dun dos festivais de música máis antigos do estado, unha cita xa consolidada que achega o mellor da música antiga á nosa cidade, enriquecendo a programación cultural".

Os concertos serán de entrada gratuíta, e terán lugar no Círculo das Artes e na Capela de Santa María o 18 de maio e o 1 de xuño.