O Alcalde de Lugo en funcións, José López Orozco, e o Concelleiro de Protección da Comunidade en funcións, José Ángel González Corredoira, visitaron a Sala de Tráfico situada nas dependencias da Policía Local, que experimentou notables melloras. Ademais informaron doutras novidades que, en total, supuxeron un investimento de case 90.000 euros.
“Esta sala está totalmente dixitalizada e conta con persoal que tamén pode facer cambios manuais segundo as necesidades do momento”, explicou o Alcalde diante os novos monitores.
O autobús urbano nocturno, posto en marcha a modo de proba nestas festas de Nadal, funcionará novamente na noite do venres, día 5 de xaneiro.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira, acompañados por todos os membros da Patrulla Verde, presentaron o novo vehículo todoterreo que estará a disposición desta Patrulla para ofrecer un mellor servizo ós cidadáns. Con esta adquisición conclúe a renovación do parque móbil policial, que nos últimos catro anos chegou ó 60% dos vehículos.
O Alcalde aproveitou a ocasión para felicitar á Patrulla Verde polo magnífico traballo que está a desenvolver.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe definitivamente o Plan Municipal de Emerxencias do Concello de Lugo, o que a converte na única gran cidade de Galicia xunto á Coruña que ten este importante documento.
O Concello de Lugo, a través da Policía Local, custodia un número variable de obxectos perdidos na oficina que ten este organismo destinada ao efecto.
A maioría dos obxectos perdidos son DNIs e documentación, así como carteiras e moedeiros. Tarxetas, permisos de circulación e xoias conforman este grupo de obxectos que poden ser recollidos polos seus propietarios nas oficinas da Policía Local situadas na praza da Constitución.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel Corredoira, inaugurou esta mañá as I Xornadas Mocidade, Alcohol e Tráfico, que se celebrarán no IES Ánxel Fole ata o mércores 18 de abril.
O colexio de Casás acolleu esta mañá ás 12:00 horas un simulacro de evacuación en caso de emerxencia que realizaron en coordinación a Policía Local, o corpo de Bombeiros e o servizo de Protección Civil. Esta acción preventiva recollese no convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería de Educación, que están a desenvolver conxuntamente o Plan de Autoprotección Escolar.
Este plan está orientado a establecer unhas pautas de actuación para os usuarios dos centros educativos en caso de sufrir unha emerxencia.
O número de accidentes en rúas da cidade de Lugo descendeu no último ano un 26,9%, pasando de 282 víctimas no 2005 a 208 no 2006.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, informou sobre os asuntos tratados na Comisión de seguimento da Ordenanza de Contaminación Acústica. Rábade dixo que se analizaron os puntos da orde do día entre os que se atopaba o estado de tramitación desta normativa.
Neste senso, o Concelleiro explicou que a Comisión decidiu axilizar os trámites para a aprobación do borrador de Ordenanza existente neste momento, “faremos o informe técnico preceptivo para poñer a Ordenanza en vigor”.
O Concello de Lugo, a través da Policía Local, custodia preto de cen obxectos perdidos na oficina que ten este organismo destinada ao efecto.
A maioría dos obxectos perdidos son DNIs e documentación, así como carteiras e moedeiros.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- seguinte ›
- última »