Descende casi un 27% o número de accidentes nas rúas da cidade

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O número de accidentes en rúas da cidade de Lugo descendeu no último ano un 26,9%, pasando de 282 víctimas no 2005 a 208 no 2006. Así o anunciou hoxe o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira na presentación do balance do Servizo de Atestados da Policía Local.

O Concelleiro indicou tamén que descende o número de accidentes aínda que aumenta a gravidade dos mesmos, pasando de 40 feridos graves no 2005 a 47 no 2006, incluíndo neste caso atropellos.

Confirmou tamén as estadísticas anteriores sobre o uso do casco, xa que o 100 por cento dos motoristas implicados en accidentes tíñano posto, ao igula que o 95% dos condutores de ciclomotor. "Confírmanse polo tanto os datos que se manexaban nos estudios e nas campañas realizadas ao efecto con anterioridade", dixo.

A mesma elevada porcentaxe de utilización do cinturón de seguridade advertiuse na última campaña de control realizada en acordo coa Dirección Xeral de Tráfico, entre o 12 e o 25 de febreiro. Foron controlados 257 vehículos. Deles, o 93,77% dos condutores levaban cinturón, ao igual que o 97,4% dos acompañantes dianteiros e o 94,5% dos ocupantes dos asentos traseiros. Tamén, o cen por cento dos pequenos utilizaban mecanismos de suxección homologados.

ANO 2006

O Servizo de Atestados da Policía Local rexistrou no 2007 un total de 1.369 accidentes de tráfico nos que se viron implicados un total de 2.692 vehículos. Neses accidentes, as condutoras foron unicamente o 26,15%.

O índice de feridos neses accidentes de tráfico foi de 208, dos que o 88,4% eran leves. Hai que engadir tamén os atropellos ou peóns implicados en accidentes que o ano pasado foron 59, con dúas vítimas mortais.

Novamente, as vítimas de atropello son principalmente persoas entre 70 e 90 anos, o que representa o 32,25% dos casos. Así mesmo, as avenidas con máis intensidade de tráfico son nas que se rexistra un maior número de accidentes.

CONTROIS

O Concelleiro indicou que para frenar a accidentabilidade nas rúas de Lugo se tomaron disferentes medidas como un control policial físico en puntos estratéxicos. Todas as semanas se realizan varios controis do tráfico en diferentes puntos, tanto de radar, como de cinturón ou de alcoholemia.

Ademais, tamén se han llevado a cabo distintas medidas dende o Gabinete de Tráfico para poder actuar na intención de disudir ao infractor, como a colocación de bolardos en las beirarrúas, feito beirarrúas e mellorada a visibilidade dos cruces, eliminando moitas veces algunhas prazas de aparcamento.

O Concelleiro anunciou tamén a incorporación de dous novas cámaras de control de tráfico nar Ronda da Muralla para situar no cruce coa rúa Vilalba e na praza de Asturias.

Noticias relacionadas