A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este xoves, no despacho da Alcaldía, ao novo subdelegado de Defensa na provincia de Lugo, capitán de navío, Fernando Brinquis Crespo.
O Alcalde en Funcións, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron no día de hoxe as obras da rúa Santo Grial, no barrio da Piringalla.
O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, xunto coa concelleira de Turismo, Maite Ferreiro, visitaron na mañá de hoxe o barrio da Tinería, onde nos próximos días se instalará un novo semáforo que regulará a saída de vehículos á Ronda da Muralla dende a porta Miñá, reducindo o nú
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe, acompañada do inspector Jesús Piñeiro, o Xefe da Policía Local, a modernización do sistema de control de acceso do tráfico rodado ao centro histórico, co que se substituirán os bolardos retráctiles actuais por cámaras de lectura das matrículas.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que nos vindeiros días comezarán a retirarse os vehículos abandonados das rúas da cidade.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, presidiu durante a mañá de hoxe a primeira xuntanza da Mesa do Transporte Público. Nesta xuntanza, na que participaron representantes de todos os grupos municipais, analizouse a proposta de novas liñas que fixo a empresa concesionaria.
ADIF licitou a redacción dos proxectos básico e de construción da nova estación de ferrocarril de Lugo e do aparcadoiro de vehículos ligado ás futuras estacións de ferrocarril e autobús, todo iso no marco da nova área de transporte Intermodal deseñada para a cidade.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co Concelleiro de Educación, Felipe Rivas, realizaron no día de hoxe a entrega dos diplomas de clausura dos cursos de verán do Parque Infantil de Tráfico nos que participaron un cento de nenos e nenas.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, probou hoxe, xunto co Xefe da Policía, o inspector Jesús Piñeiro, vehículos híbridos para renovar parte do parque móbil da Policía.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo anunciou que despois de en só dúas semanas no goberno do Concello, “convocaremos para o vindeiro martes a mesa do transporte público, na que todos os grupos, tanto da oposición coma do goberno, poidan trasladar propostas e ideas para mellorar este servizo”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- …
- seguinte ›
- última »