O Concello estuda a compra de vehículos híbridos para renovar parte do parque móbil da Policía Local

Lara Méndez, que probou estes vehículos co Xefe da Policía, estuda adquirir 4 coches co equipamento de seguridade policial e un todocamiño para a zona rural

Mércores, 24 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello estuda a compra de vehículos híbridos para renovar parte do parque móbil da Policía Local

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, probou hoxe, xunto co Xefe da Policía, o inspector Jesús Piñeiro, vehículos híbridos para renovar parte do parque móbil da Policía. A renovación paulatina do parque móbil municipal enmárcase no programa de Goberno de Lara Méndez para conseguir unha cidade máis ecolóxica e respectuosa co medio ambiente.

O Concello lucense estuda a compra de 4 vehículos co equipamento de seguridade policial e un todocamiño para actuacións da Policía na zona rural e en condicións adversas.

Noticias relacionadas