Méndez viaxou á capital sueca acompañada por dúas técnicas da área de promoción económica do Concello.
O obxectivo último do proxecto Troco, que financia a Unión Europea, é fomentar o espírito emprendedor, a creación de empresas e a inserción laboral. Para elo este proxecto prevé o intercambio de responsables e profesionais de programas de emprego.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, acompañada por dúas técnicas da área de promoción económica, viaxará a vindeira semana a Estocolmo no marco dun proxecto Leonardo financiado pola UE.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deu conta da liquidación do orzamento do ano 2009 que foi pechado polo Concello de Lugo co superávit.
A Mesa de Contratación do Concello de Lugo propuxo esta mañá a adxudicación da construción da nova sede da Policía Local e Protección Civil en San Fiz. A oferta seleccionada polos membros da mesa entre as 21 presentadas, foi a de Construcciones Piedra y Figraf, SA.
A obra conta cun orzamento de 3.100.000 euros e a empresa adxudicataria oferta unha mellora de 1.200.000 euros que se destinará a melloras en obra, urbanizar e equipar o edificio. Ademais, a empresa reduce o prazo de execución a 11 meses.
Hoxe martes, 20 de abril, comezou o período de pagamento do recibo de subministro de auga e recollida de lixo correspondente ao primeiro trimestre do ano. Segundo os datos aumenta o padrón respecto ao ano pasado en 767 altas, o que fai un total de 55.538 recibos.
Como sempre, todos aqueles que teñen domiciliado o pagamento, este pasarase directamente pola súa conta, mentres que todos os demais terán que facer efectivo o pagamento a través das oficinas municipais.
Mañá martes, 20 de abril, comeza o período de pagamento voluntario do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) e que rematará o 21 de xuño.
Este imposto, con periodicidade anual, afecta a todos os propietarios de vehículos dados de alta no Concello de Lugo que neste ano 2010 conta con 700 altas máis que no ano 2009. O Concello de Lugo porá ao cobro un importe total de 5.713.262 euros, correspondente aos 66.269 recibos.
Ten como obxectivo fundamental a inserción laboral daquelas persoas que se atopan en condicións de especial dificultade para acceder a un emprego
Lugo é a cidade de Galicia na que máis se reduciu a débeda e a terceira entre as capitais de provincia de España, segundo o informe sobre a débeda contraida polos Concellos no ano 2009, publicado polo Ministerio de Economía e Facenda do que deu conta esta mañá a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.
Na segunda fase do proxecto haberá cursos de coidador de persoas discapacitadas físicas e psíquicas, atención especializada para persoas enfermas de Alzheimer, axentes de desenvolvemento da comunidade discapacitada, técnico en transporte sanitario, monitor de educación ambiental, técnico de sistemas de enerxías renovables, mantemento de aire acondicionado e fluídos, operador de estacións depuradoras de augas residuais, operario de redes e centros de distribución de enerxía eléctrica e técnico en r
Os influxos e a relación entre Italia e Galicia dende o período clásico ata a actualidade analizaranse na sexta edición do Curso de Primavera da Facultade de Humanidades, que se desenvolverá dende o 21 ao 23 de abril neste centro universitario lugués baixo o título ‘De Roma a Santiago: camiños da historia, legado cultural’.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 188
- 189
- 190
- 191
- 192
- 193
- 194
- 195
- 196
- …
- seguinte ›
- última »