Ábrese o período de pagamento do recibo de subministro de auga e recollida de lixo

Martes, 20 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Hoxe martes, 20 de abril, comezou o período de pagamento do recibo de subministro de auga e recollida de lixo correspondente ao primeiro trimestre do ano. Segundo os datos aumenta o padrón respecto ao ano pasado en 767 altas, o que fai un total de 55.538 recibos.

Como sempre, todos aqueles que teñen domiciliado o pagamento, este pasarase directamente pola súa conta, mentres que todos os demais terán que facer efectivo o pagamento a través das oficinas municipais.

O Concello lembra que de non facer o pagamento en tempo voluntario, incrementarase a contía cun recargo e posteriormente pasaría a realizarse o cobro por recadación executiva.

Hai que lembrar que a nova tarifa da auga do Concello de Lugo propón que a maioría dos usuarios vexan reducida a súa factura. Trátase daqueles que consumen menos de 17 metros cúbicos.

A proposta implantada polo Goberno Local baséase no pago por consumo real, o equilibrio, a sustentabilidade medioambiental e a suba gradual para os consumidores.

A cota de abono sitúase en 9 euros ao trimestre, 3 euros cada mensualidade. Trátase dunha cota semellante ao doutras cidades galegas que empregan o mesmo método de facturación. Deste xeito, báixase a cota de abono proposta nun inicio, mantendo a filosofía de incentivar o consumo de auga. Así, o Goberno Local estableceu un sistema tarifario que non prexudica á maioría dos contribuíntes senón que beneficia a aquel que menos consume.

Paga só o que gastas

Noticias relacionadas