É unha actuación enmarcada no Plan Urban, conta co 70% de cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e dotará ao centro histórico dun Centro municipal de Novas Tecnoloxías
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou a apertura do prazo para a solicitude de axudas a empresas e para o apoio de novas actividades económicas na zona Urban.
Serán por un total de 135.000 € e dada a situación actual de desemprego, e sendo a creación de emprego un dos obxectivos fundamentais do proxecto URBAN, estas subvencións condiciónanse ao investimento no centro histórico e á creación de postos de traballo.
En total, foron 154 desempregados os que participaron neste programa de emprego. 64 foron contratados polas empresas onde realizaron as prácticas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, fixeron entrega dos diplomas aos participantes do programa de emprego Lugo Contigo II. Trátase da segunda parte deste programa de emprego dirixido a persoas que contan con máis dificultades de acceso ao emprego, en especial a persoas con algunha discapacidade.
A Alcaldesa de Lugo en funcións, Sonia Méndez, declarou hoxe que é necesaria unha maior implicación da Xunta para garantir o futuro do Pacto polo emprego nun momento no que o paro é o principal problema que teñen os cidadáns.
A Comisión de Contas do Concello aprobou hoxe as contas oficiais do ano 2009, coa abstención da oposición, segundo informou a Alcaldesa en funcións e Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, que considerou sorprendente a postura da oposición xa que “son datos moi positivos, máis aínda tendo en conta a situación que atravesan moitos concellos”.
O Concello de Lugo goza dunha economía saneada nun momento no que moitas administracións teñen dificultades económicas que lles obrigaron adoptar planes especiais de saneamento ou incumplen os principios de estabilidade orzamentaria, segundo informou hoxe a Alcaldesa en funcións e Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.
A Alcaldesa en funcións, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, visitaron hoxe, no Parque Rosalía de Castro, ós participantes nun curso de Técnico en recuperación de espazos degradados.
Este é un dos dez cursos que se están a impartir na segunda fase do programa Lugo, Emprego Activo que ten por obxectivo a formación de persoas desempregadas en profesións con futuro.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Asociación Lugo Centrum, José Sánchez Bergantiños, asinaron hoxe un convenio de colaboración para realizar actividades de animación e promoción do centro comercial aberto de Lugo.
O Eurotroco é un programa da Unión Europea que lles dá a posibilidade ós emprendedores de intercambiar experiencias e coñecer como se traballa nos sectores do seu interese noutros países.
O programa que xestiona o Concello de Lugo cofinanciado pola Unión Europea conta coa participación de 30 emprendedores e ten como socios a dous países, Suecia e Italia, ós que viaxaron delegacións do Concello o pasado mes de abril para preparar as estadías dos nosos emprendedores.
Oito proxectos presentados por establecementos do casco histórico beneficiáronse destas axudas por importe de 12.919 euros.
As subvencións correspóndese as liñas de investimentos na reforma de fachadas e no cambio de rótulos e toldos de fachada.
O Proxecto URBAN conta cun cofinanciamento do 70% da Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- …
- seguinte ›
- última »