No acto, que terá lugar a partir das 16.00 horas no CEI, o técnico municipal Manuel Louzao desenvolverá unha ponencia na que explicará ós empresarios e emprendedores interesados os procedementos que se seguen nas administracións públicas para a contratación de obras e servizos.
A Concellería de Desenvolvemento Local, que dirixe Rosana Rielo, comunica o aprazamento, ata despois das eleccións municipais, da segunda fase do proxecto de Orzamentos Participativos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Desenvolvemento Local, Rosana Rielo, anunciaron esta mañá a concesión dun novo obradoiro de emprego especializado en potenciar a cultura e o turismo baixo o nome de Cultur@ Lvcvs .
O Alcalde, José López Orozco, presidiu hoxe o acto institucional organizado polo Concello para conmemorar o Día de Europa que se celebra como cada ano o 9 de maio. No acto ademais de membros da Corporación tamén participou o Eurodeputado socialista, José Blanco.
A Concelleira de Desenvolvemento Local, Rosana Rielo, acompañada polo representante da Fundación Taller de Solidaridade e a representante da asociación A Cova da Terra, Angela Hortas, presentaron as actividades de conmemoración do Dia do Comercio Xusto.
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, deron a benvida esta mañá ós participantes nunha Xornada sobre emprego que reúnen en Lugo a técnicos de cinco proxectos de inserción laboral cofinanciados pola Unión Europea.
A Concellería de Economía, que dirixe Sonia Méndez, anuncia que dende o próximo luns 20 de abril comezará o prazo de pagamento en vía voluntaria do Imposto sobre Bens Inmobles, que se prolongará ata o 22 de xuño.
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, o Director do Parque Infantil de Tráfico do Concello, José Reigosa, e a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero Plaza, presentaron esta mañá a cuarta edición do curso de educación vial Primaveira Segura que se impartirá e
O Concello pon en marcha este ano un novo programa europeo para que mozos e mozas de Lugo poidan completar a súa formación no estranxeiro.
O Concello de Lugo apoia a iniciativa da ONGD Taller de Solidaridad que abrirá mañá en Lugo unha fiestra pola que poderemos asomarnos ós soños de miles de mulleres dos países máis pobres do mundo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- …
- seguinte ›
- última »