O IV Curso Primaveira Segura abre o prazo de inscrición o luns 13 de abril

As solicitudes poderanse entregar ata o 23 de abril no Parque Infantil de Tráfico do Concello ou na Xefatura Provincial de Tráfico de 09.30 a 14.00 horas

Venres, 10 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, o Director do Parque Infantil de Tráfico do Concello, José Reigosa, e a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero Plaza, presentaron esta mañá a cuarta edición do curso de educación vial Primaveira Segura que se impartirá entre o 4 e o 29 de de maio no Parque Infantil de Tráfico.

Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de entre 8 e 14 anos, previa inscrición no Parque Infantil de Tráfico (Antiga Frigsa), ou na Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo (Avd. Ramón Ferreiro) entre as 09:30 e as 14:00 horas. As instancias para facer a inscrición tamén poden obterse a través da web do Concello de Lugo, lugo.gal.

O prazo para facer as inscricións abrirase o luns 13 e pecharase o xoves 23 de abril. Os cursos serán en horario de 17:00 a 19:30 horas, e cada grupo asistirá ao menos durante unha semana seguida que será asignada previamente. A incrición é gratuita.

O día 28 de abril sairá publicada a lista de admitidos e os horarios no Taboleiro de anuncios do Parque Infantil de Tráfico, na web do Concello e na Xefatura de Tráfico.

A Concelleira de Educación, Esther Muñóz salientou que estes cursos ten como obxectivo que “os nenos e nenas adquiran conductas seguras como peón e viaxeiros e hábitos positivos como usuario dos diferentes transportes xa que consideramos que é esencial que dende pequenos se coñeza as normas de seguridade viaria”.

Pola súa parte, a Xefa Provincial de Tráfico sinalou que a educación dos nenos e as nenas é fundamental para traballar na seguridade vial e indicou que “a seguridade vial non só é a aprendizase de normas e sinais, senón tamén o respecto pola vida”.

O Director do Parque Infantil de Tráfico explicou que os cursos terán unha semana de duración e impartiranse de luns a venres, en horario de tarde. Reigosa informou de que na edición do ano pasado paticiparon nestes cursos uns 80 nenos e nenas.

Ademais os participantes aprenderán a manexar e coñecer sinais de tráfico a través do manexo dos kart e das bicicletas e simularanse situacións reais de circulación como cruces de viais con e sen prioridade, rotondas, stop ou paso de peóns, entre outros.

Audio

Noticias relacionadas