O Concello de Lugo abriu hoxe o prazo de solicitude para a celebración das cacharelas de San Xoán.
O Concello de Lugo sumarase este domingo á vintena de Administracións públicas que secundarán, a través do compromiso adquirido pola área de Benestar Social, o apagón convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, baixo o lema
O Concello de Lugo contará este verán cunha brigada de media ducia de socorristas, dous máis do habitual, que se encargarán da vixilancia e o salvamento acuático nas áreas recreativas fluviais da capital entre as que se integrará, tamén, a nova Plataforma de Baño Pública.
A área de Benestar Social anunciou hoxe que o próximo luns, 6 de xuño, abrirá o prazo para solicitar as Aulas Abertas.
A Concellería de Medio Ambiente ornamenta estes días as zonas verdes de toda a cidade con máis de 30.000 plantas en flor.
Delitos contra a seguridade viaria e controis de alcoholemia
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reuniuse hoxe con preto de cen mozos e mozas, participantes dos cursos de formación que se desenvolveron neste semestre desde á concellería de Xuventude para mellorar as súas capacidades co obxectivo de atopar emprego.
O concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, participou hoxe na presentación das Fases Finais do Campionato Galego Senior Masculino de Voleibol que se disputará no Pavillón Municipal o vindeiro sábado, 4 de xuño.
A alcaldesa, Lara Méndez, presidiu esta mañá a toma de posesión dun novo axente de Policía Local que pasará a desempeñar as súas funcións na Xefatura de Lugo.
O Concello de Lugo, iluminará de verde, no día de mañá, a fachada da Casa Consistorial e a Tanxurela, conmemorando o Día Internacional da Miastenia, 2 de xuño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 168
- 169
- 170
- 171
- 172
- 173
- 174
- 175
- 176
- …
- seguinte ›
- última »