Carta de servizos do Servizo de Protección Civil

Presentación

O Servizo de Protección Civil pertence á Área de Protección da Comunidade, Réxime Interior e Transportes do Concello de Lugo e o seu obxecto é garantir a coordinación preventiva e operativa respecto da protección de persoas e bens ante os danos potenciais ou actuais en situacións de emerxencia ou casos de catástrofe, infortunio ou calamidade pública ou grave risco dos mesmos, así como todo tipo de menores.

Servizos que prestamos

  • Informamación e consulta, de forma presencial, telefónica e escrita, en relación con situacións potenciais de emerxencia.
  • Prevención de situacións de emerxencia que podan afectar no fogar familiar, edificios para uso residencial ou privado, rueiros, barrios e distritos urbanos, así como o control de ditas situacións, con carácter previo á actuación dos servizos de Protección Civil ou en colaboración cos mesmos.
  • Coordinación das actuacións, asesoramento técnico e xestión da Protección Civil no ámbito do Concello de Lugo, en situacións de emerxencia.
  • Asistencia e seguimento das situacións de risco e emerxencia no ámbito territorial do Concello de Lugo.
  • Captación, afiliación e organización do voluntariado para canalizar a participación dos cidadáns na administración da seguridade pública.
  • Formación técnica dos voluntarios de Protección Civil.
  • Formación e información á poboación en xeral.
  • Realización de campañas de autoprotección e primeiros auxilios nos centros escolares públicos.
  • Colaboración con outras administracións públicas ou entidades privadas relacionadas con Protección Civil e coa seguridade cidadá.
  • Elaboración, xestión, difusión e mantemento en estado operativo do Plan de Emerxencia Municipal.

Os nosos compromisos

  • Dispoñer as 24 horas do día dun servizo de atención de emerxencias.
  • Atender as consultas presenciais e telefónicas no momento, en horario de 9:30 a 14:30 h de luns a venres laborables; en función da dispoñibilidade do servizo.
  • Responder a consultas realizadas a través de escritos presentados en Rexistro, por correo postal ou por correo electrónico, nun prazo máximo de 10 días hábiles desde a súa recepción.
  • Ante situacións de emerxencia, difundir á poboación as medidas de prevención e recomendacións a través do departamento de prensa municipal.
  • Prestar unha atención profesional e de calidade, cun trato persoal e humano, en todas as actuacións.
  • Dispoñer de medios axeitados e garantir a preparación e experiencia dos efectivos.
  • Ofrecer polo menos 3 cursos de formación anualmente ós voluntarios de Protección Civil.

Seguimento dos compromisos

  • Número de persoas atendidas telefonicamente ó ano.
  • Número de persoas atendidas presencialmente ó ano.
  • Número de consultas presenciais atendidas no momento e porcentaxe sobre o total.
  • Número de solicitudes de información contestadas por escrito antes de 10 días hábiles desde a súa recepción e porcentaxe sobre o total.
  • Número de horas de servizo anuais.
  • Número de actuacións de intervención realizadas no ano.
  • Número de cursos de formación ofrecidos anualmente ós voluntarios de Protección Civil.

Onde estamos

Rúa das Artes 35 27002 Lugo

Horarios de atención ao público

Luns a venres laborables, de 9:30 a 14:30

Para contactar connosco

Tel. Emerxencias 112
Fax 982 297 123
proteccion.civil.lugo@concellodelugo.org
www.lugo.es

Envíanos a túa opinión

Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán

Directorio