Carta de servizos da Oficina do Cemiterio

Presentación

Na Oficina de Cemiterio realízanse os trámites administrativos que corresponden ás distintas actuacións que se desenvolven no recinto do Cemiterio Municipal de San Froilán, tanto no que se refire ás unidades de enterramento como á utilización das súas instalacións.

Servizos que prestamos

  • Informamos á cidadanía de maneira presencial e personalizada sobre os trámites administrativos que realizamos e atendemos ás persoas interesadas nas dificultades para a tramitación dos mesmos.
  • Tramitamos expedientes de concesión administrativa de unidades de enterramento no cemiterio municipal.
  • Tramitamos expedientes de cambio de titularidade de concesión administrativa de unidade de enterramento.
  • Tramitamos expedientes de reversión de concesión administrativa de unidade de enterramento.
  • Tramitamos expedientes de renovación de concesión administrativa de unidade de enterramento.
  • Tramitamos expedientes de autorización de inhumación, exhumación e traslado de cadáveres.
  • Tramitamos solicitudes de utilización de instalacións no cemiterio: utilización da sala de depósitos do cemiterio, utilización da sala de autopsias e utilización da capela para servizos relixiosos.
  • Tramitamos expedientes de autorización para a realización de obras nas unidades de enterramento.
  • Emitimos duplicados de títulos de concesión de unidades de enterramento.
  • Emitimos certificados de inhumación nas unidades de enterramento.
  • Tramitamos expedientes de inhumación sen concesión administrativa.

Os nosos compromisos

  • Tramitar os expedientes de concesión administrativa de unidade de enterramento cun prazo máximo de 10 días hábiles para resolver o expediente.
  • Tramitar os expedientes de cambio de titularidade ordinarios cun prazo máximo de 10 días hábiles para resolver o expediente.
  • Tramitar os expedientes de autorización para a utilización de instalacións no cemiterio cun prazo máximo de 1 día hábil para resolver o expediente.

Seguimento dos compromisos

  • Número de expedientes de concesión administrativa de unidade de enterramento resoltos no prazo de 10 días e porcentaxe sobre o total.
  • Número de de expedientes de cambio de titularidade ordinarios resoltos no prazo de 10 días e porcentaxe sobre o total.
  • Número de expedientes de autorización para a utilización de instalacións no cemiterio resoltos antes de 1 día e porcentaxe sobre o total.

Onde estamos

Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197 - Baixo 27002 Lugo

Horarios de atención ao público

Atención presencial Luns a venres laborables, de 9:00 a 14:00
Atención telefónica (010) Luns a venres laborables, de 8:30 a 20:30. Sábados laborables, de 9:00 a 14:00

Para contactar connosco

Tel. 010 / 982 297 350
Fax 982 297 349
010@concellodelugo.org
www.lugo.es

Envíanos a túa opinión

Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán