Actualidade

Ex., 05-06-2024
Ex., 05-06-2024
Mércores, 21 de febreiro de 2024
Volve a da Mostra de Teatro Clásico celebrando a súa XXIV edición

“Contamos con 10  obras teatrais de primeira calidade, éxito de crítica e de público en diversos festivais de todo o Estado”, explicou Maite Ferreiro.

A XXIV edición da Mostra de Teatro Clásico terá lugar entre o 2 e o 17 de marzo no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Martes, 20 de febreiro de 2024
   A alcaldesa Paula Alvarellos defende o uso da auga rexenerada como arma contra o cambio climático

“O aproveitamento dos recursos hídricos é un desafío multidisciplinar que require unha xestión cunha manifesta vocación integradora, sostible e colaborativa na que se involucren todas as administracións”, dixo.

 “Non nos opoñemos a que se creen novas titulacións en outros lugares, pero sí que nos opoñemos a que o Campus Terra perda ninguha”, sinalou a rexedora en relación ao valor que ten para Lugo como territorio a súa universidade.

Martes, 20 de febreiro de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos insta á Xunta a determinar unha situación alternativa para instalar a zona pública de baño na contorna fluvial

O obxectivo desta iniciativa é non perder máis tempo nin recursos públicos en atoparunha localización que Patrimonio Natural exeitada, xa que todos os informes técnicos presentados polo Concello respaldando a zona autorizada foron rexeitados.

“A pesar da vontade política e o investimento dedicado a este fin, atopámonos coa negativa sistemática do Goberno autonómico opoñéndose a que os e as lucenses fagan uso da concesión por 25 anos que esta Administración ten autorizada no río Miño”, sinalou Miguel Fernández.

O texto recolle que, se fora preciso, o Concello de Lugo comprométese a sufragar parcial ou totalmente o custo dos devanditos traballos.

Martes, 20 de febreiro de 2024
Xuventude promove tres novos cursos de reparación de móbiles, creación audiovisual e reciclaxe de prendas a través do programa +XTi

A través destas actividades o executivo municipal achega unha alternativa de ocio saudable á mocidade lucense e busca potenciar a súa inserción laboral.

“Trátase de propostas formativas moi demandadas e atractivas para os mozos e mozas, destacando como novidade o curso de Upcycling téxtil”, explicou Jorge Bustos.

As inscricións realizaranse a través da web: www.lugomasxti.org En total haberá 59 prazas dispoñibles, que se irán reservando por rigorosa orde de entrada das solicitudes.

Luns, 19 de febreiro de 2024
A alcaldesa Paula Alvarellos reúnese co presidente da Federación de Comercio de Galicia

A rexedora interesouse pola situación do colectivo e expuxo as distintas liñas de actuación que o seu Executivo leva a cabo en apoio ao comercio local e en prol da dinamización do tecido empresarial lucense.

 
Domingo, 18 de febreiro de 2024
Maite Ferreiro recibiu a máis de 40 promotores turísticos que visitaron Lugo esta fin de semana

Representantes de axencias de viaxes de toda a península percorreron, dende a cidade de Lugo, os puntos máis singulares da provincia.

Ferreiro amosou o seu compromiso “estamos a converter Lugo no epicentro do turismo xa que estamos a menos 100km dos lugares máis importantes de Galiza e amosamos con orgullo o noso pasado galaico-romano”.

Páxinas