El Ayuntamiento de Lugo inicia las reivindicaciones del 8M con la lectura de una Declaración Institucional por el Día Internacional de la Mujer

La alcaldesa, Lara Méndez, presidió el acto en el que la edil de Mujer, Ana González Abelleira puso voz al documento, aprobado unánimemente por el Pleno de la Corporación.

Lunes, 08 de marzo de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
El Ayuntamiento de Lugo inicia las reivindicaciones del 8M con la lectura de una Declaración Institucional por el Día Internacional de la Mujer

Como cada 8 de marzo, el Ayuntamiento de Lugo se suma a la reivindicación del Día Internacional de las Mujeres. Una fecha en la que la Institución reitera su firme compromiso con la consolidación de la igualdad entre mujeres y hombres, plena y efectiva, esencial para el avance de la sociedad y la mejora de la democracia.

Por eso, dentro de la programación organizada por el área de Mujer, con motivo de esta efeméride, la alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidió el acto en el que la edil de Mujer, Igualdad y Juventud, Ana González Abelleira, dio lectura, acompañada por Ramón Carballo (Pp), Miguel Fernández (Psoe), Cristina López (Bng), y Olga Louzao (C’s) de una Declaración Institucional aprobada por el Pleno de forma unánime.

La regidora, Lara Méndez, hizo referencia, en primer lugar, a la singularidad de la celebración este año, marcado por la pandemia, y destacó el carácter proactivo de Lugo en la consecución de la igualdad de género poniendo de manifiesto os esforzos realizados por moitas mulleres, antecesoras, que mesmo deixaron a súa vida no camiño” e instó a la ciudadanía a continuar con la lucha, aunque en esta ocasión, huyendo de las concentraciones y empleando el resto de altavoces (redes sociales, balcones, etc) para hacer llegar sus reivindicaciones.

Por su parte, la concejal de Mujer, Ana González Abelleira, fue la encargada de ponerle voz al documento consensuado con el resto de las hurgas políticas que tienen representación en el Ayuntamiento de Lugo, lo que inició haciendo referencia al lema elegido por las Naciones Unidas, este 2021 Por un futuro igualitario no Mundo da Covid-19.

“Fai xa un ano que un feito doloroso e insólito para a nosa xeración alterou e escureceu as nosas vidas. Unha pandemia mundial, unha crise sanitaria que conlevou outra social e económica. Durante a pandemia as mulleres estiveron en primeira liña e desempeñado un papel extraordinario. Fíxose visible o papel esencial das mulleres para o sostemento da vida e daqueles traballos esenciais para a sociedade. Estes empregos están ocupados maioritariamente por mulleres e son os máis precarios e invisibilizados. As caixeiras, limpadoras, traballadoras domésticas, coidadoras, sanitarias, científicas, … foron visibles no comezo desta crise e aparentemente recoñecidas social e institucionalmente empeorando ao longo da pandemia as súas condicións laborais, económicas e sociais”, señaló Ana González.

“Esta crise afectou máis ás mulleres. Son máis as que perderon o seu emprego, as autónomas que viron frustradas as súas empresas, as que sufriron un ERTE. Son moitas máis as que fixeron malabares coas clases dos seus fillos e fillas, a atención aos seus pais ou avoas, o traballo profesional, as tarefas do fogar. As que máis sufriron eses efectos, á conta da súa propia carreira laboral e ata do seu benestar. E, por suposto, supuxo unha tortura engadida a todas as mulleres vítimas de violencia machista”, añadió la edil.

Tanto Lara Méndez como Ana González dieron a conocer en sus intervenciones de que en Galicia la Covid destruyó 21.000 empleos, de los que 15.900 (casi el 76%) estaban ocupados por mujeres.

“A fenda salarial continúa a superar o 20% e ten tamén correlato na fenda das pensións, cobrando as pensionistas galegas unha media de 300 euros menos. A crise puxo de relevo tanto a importancia fundamental das contribucións das mulleres como as cargas desproporcionadas que soportan. Ademais, advirte que por mor da pandemia da Covid-19 xurdiron novos obstáculos, que se suman aos de carácter social e sistémico que persistían antes e que frean a participación e o liderado das mulleres. Porque a pesar de que as mulleres constitúen a maioría do persoal de primeira liña, aínda están infrarrepresentadas nos espazos de poder e de toma de decisións”, refirió la responsable del área de Mujer.

“É necesario intervir para paliar esta situación e temos ante nós unha gran oportunidade porque contamos coa posibilidade de investir con audacia para xerar e establecer cambios estruturais. É tempo de feminismo, que combata o patriarcado e a súa filiación co capitalismo neoliberal”.

“Por iso, hoxe fixamos a mirada especialmente sobre aquelas que sofren unha maior precariedade, as mulleres que por posición social e vital necesitan das políticas públicas, dos recursos do estado e das institucións. É necesario a implicación de todas as administracións públicas para que asuman as súas competencias e reforcen, con recursos, as políticas de igualdade. Necesitamos políticas dirixidas a pechar as fendas laborais, salariais, dixitais, de corresponsabilidade, de dependencias, as que conlevan vivir no rural ou traballar no eido da investigación ou das tecnoloxías”.

“Debemos seguir despregando políticas dirixidas a loitar contra a pobreza infantil e a súa feminización, de moitas mulleres con fillos e fillas ao cargo. Políticas pola abolición da prostitución e a trata de mulleres e nenas, contra os ventres de alugueiro, contra todo aquilo que supón un ataque frontal aos dereitos humanos das mulleres. Políticas contra a dobre discriminación das mulleres con discapacidade, con diferente nacionalidade ou etnia...”, señaló Ana González.

“Como Corporación, defendemos a necesidade de impulsar o fortalecemento da axenda europea pola igualdade, de incrementar os recursos nas políticas de igualdade e de elevar as esixencias na normativa comunitaria para o avance das mulleres. E seguiremos loitando polas que nalgúns países aínda non alcanzaron nin sequera a igualdade formal cos homes. Velaremos polos dereitos humanos das mulleres e nenas en todo o mundo. Reclamaremos estratexias internacionais que combatan a mutilación xenital feminina, os matrimonios forzados de nenas. E comprometémonos con millóns de mulleres no mundo que aínda teñen negado o dereito á interrupción voluntaria do embarazo”.

“É fundamental seguir apoiando o liderado feminino e a presenza das mulleres en todas as esferas da sociedade, incluíndo os postos de decisión e influencia, á vez que cómpre seguir traballando para derrubar os obstáculos que dificultan a incorporación en condicións de igualdade e a promoción profesional das mulleres en ámbitos como o da ciencia. Para iso, ademais da aplicación de políticas específicas, resulta imprescindible seguir traballando para eliminar os estereotipos e roles que sustentan a desigualdade”, refirió la concejal.

“Somos conscientes de todos os desafíos e obxectivos que temos por alcanzar. E tamén recoñecemos o camiño xa percorrido e de quen nos precedeu, o feminismo galego e o que loita en todo o mundo por manter a necesaria igualdade no centro do debate. Por iso, neste 8 de marzo, non podemos deixar de mencionar que este ano 2021 conmemoramos os 90 anos da conquista do voto das mulleres neste país que debemos agradecer á valentía e o lanzo de Clara Campoamor. Co voto feminino completamos a nosa democracia. Coa democracia, as mulleres foron desde o primeiro momento conscientes de que tiñan ante elas unha extraordinaria oportunidade e que era froito do que traballaran outras antes. Clara veu da man de Pardo Bazán, de Concepción Arenal, de tantas outras mulleres que a precederon e de quen recolle a súa testemuña”.

“Delas, herdamos un feminismo que ten que ver cos dereitos humanos, coa democracia, coa cidadanía, coa racionalidade do proxecto humanista ilustrado ao que pertencemos e do que nacen todas as democracias contemporáneas”, apuntó González Abelleira.

Ya para finalizar, la edil de Mujer destacó que el avance socioeconómico, cultural y social de Lugo y de Galicia, dependerá ineludiblemente de que mujeres y hombres partan del mismo lugar para poder alcanzar las mismas metas.

Que viva a loita das mulleres!

Audio

  • La alcadesa de Lugo, Lara Méndez, sobre el Día Internacional de la Mujer | Descargar mp3
  • La concejal de Juventud, Ana Abelleira, sobre el Día Internacional de la Mujer | Descargar mp3

Noticias relacionadas