COMUNICADO DE PRENSA DE LA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Martes, 16 de agosto de 2022
Fuente: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Caída de árbore sobre vía pública

Durante a tarde do venres día 12, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio foron comisionados na zona de As Saamasas, no acceso á escola de piragüismo, xa que unha árbore caera sobre a vía pública.

Unha vez no lugar, os policías comprobaron que a caída afectara ao tendido eléctrico, ademais de cortar o tránsito rodado e peonil, polo que contactaron coa empresa de mantemento eléctrico para poder cortar a subministración mentres os Bombeiros retiraban a árbore.

Finalmente tamén contactaron co titular da leira na que se atopaba a árbore, procedendo á súa identificación, advertíndolle da obriga de retirar os restos que puidesen quedar no lugar.

Recollida de cría de ave en vía pública

Durante a noite do sábado 13, unha patrulla que realizaba labores de vixilancia nas inmediacións do Parque Rosalía de Castro foi requirida por un cidadán que lles informou da existencia dunha cría de ave inmóbil na Avd. de Rodríguez Mourelo. Trasladáronse de inmediato ao lugar e procederon a recollela para o seu traslado a un centro de recuperación.

Denuncias por ouriñar na vía pública

Durante a noite do sábado a domingo, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio denunciaron a dúas persoas por ouriñar en vía pública, unha delas ás 4:45 horas, na Praza de Santa María e a outra ás 7:35 horas, na Avenida Ángel López Pérez, nas inmediacións de semáforo que regula a súa confluencia coa Glorieta Xaquín Lorenzo.

Individuo consumindo droga en vía pública

Ás 8:20 horas do domingo 14, unha patrulla de Policía de Barrio observa a presenza dun individuo fumando o que, segundo o cheiro, parecía ser un cigarro de marihuana, o que o propio suxeito recoñeceu cando foi identificado. Por tal motivo, os policías procederon a confeccionar unha denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por consumo / tenencia de drogas en vía pública, ademais da intervención do cigarro para proceder á súa análise.

Auxilio á cidadanía

Ás 12:40 horas do domingo, unha patrulla que realizaba labores de vixilancia no centro da cidade, foi advertida por un peón de que había unha muller que caera na Praciña da Universidade. Os axentes comproban que se trataba dun desmaio e que a muller, de 85 anos, queixábase de dor nun ombreiro, polo que foi requirida a presenza dunha ambulancia do 061, que prestou unha primeira asistencia e logo procedeu ao seu traslado ao HULA para unha mellor avaliación.

Ás 23:45 horas do mesmo día os axentes foron comisionados na Rolda do Carmen, onde había un home tendido no chan. Unha vez no lugar, os policías comprobaron que o home presentaba signos de acharse baixo os efectos do alcol e tiña unha ferida nunha cella, ademais de queixarse de dor nas costas, polo que tamén foi inicialmente atendido polos sanitarios dunha ambulancia e posteriormente trasladado ao HULA.

Retirada de niños de velutinas

Durante a fin de semana, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio colaboraron co Servizo de Bombeiros durante a retirada de niños de velutina nas rúas Curros Enríquez, Lavandeira, Alba e Escocia, nalgunha das cales foi necesario proceder ao corte do tráfico rodado durante os traballos de retirada.

Mediación en conflito por parte de axente fóra de servizo

Ás 19:15 horas do luns 15, cando un axente desta Policía atopábase fóra de servizo, como cliente na terraza dun local de hostalería da zona da Milagrosa, puido observar como se iniciaba unha discusión entre outro usuario da citada terraza e un viandante, causada, ao parecer polos cans que acompañaban ao citado usuario (que estaban correctamente suxeitos).

Pasados uns minutos iníciase outra nova discusión entre o mesmo cliente e outras dúas mulleres, usuarias tamén da terraza e sentadas en distintas mesas, finalizando cun cruzamento de insultos e inicio de agresión, momento no que o axente intervén e identifícase como policía, facendo uso do seu carné profesional e placa emblema, cesando nese momento a disputa.

O axente informa a ambas as partes do procedemento que poden seguir en caso de desexar presentar algún tipo de denuncia, renunciando todos os implicados a formalizar ningunha reclamación.

Accidentes de circulación e filtros de seguridade viaria

Durante a fin de semana, os axentes da Unidade de Atestados foron requiridos para intervir en 11 accidentes de tráfico, resultando persoas lesionadas nun deles (atropelo), aínda que aparentemente de carácter leve.

Tamén levantaron acta da caída dunha peón na Fonte dos Ranchos e acudiron a un accidente ocorrido na N-VI, nas inmediacións do Balneario, onde procederon a asegurar a zona, garantindo a seguridade viaria, ata a chegada dos axentes da Garda Civil, competentes territorialmente.

Os axentes da Unidade de Atestados e os da Unidade Territorial de Policía de Barrio continuaron realizando filtros de seguridade viaria que deron como resultado numerosas incidencias:

- Nove intervencións por alcoholemias positivas, dúas das cales deron lugar a dilixencias xudiciais, por presuntos delitos contra a seguridade viaria, e as outras sete denuncias administrativas. Tres dos vehículos cos que se actuou non tiñan subscrito o contrato de seguro obrigatorio.

- Unha intervención por conducir un vehículo de motor sen obter nunca a autorización administrativa para conducir, o que motivou un expediente por un presunto delito contra a seguridade viaria, pola modalidade de xuízo rápido.

- Unha intervención por positivo en drogas (cocaína e THC), con vehículo que presentaba unha ITV desfavorable desde o mes de febreiro.

As intervencións producíronse na rúa San Roque, Conde Fontao, Rolda da Muralla, República Arxentina e Concepción Arenal.

Obtivéronse resultados entre os 0’29 e 1’30 miligramos de alcol por litro de aire expirado.

Dúas intervencións foron motivadas por accidentes de circulación, nos que o presunto responsable lanzou resultado positivo en alcoholemia. Outra intervención foi a requirimento dunha patrulla de Policía Nacional, que sorprendeu ao volante a un individuo que carecía de permiso de conducir. Por último, tamén se interveu a requirimento dunha patrulla da Garda Civil que procedeu á identificación dun condutor que, ademais de lanzar resultado positivo nas probas de alcol, o vehículo que conducía carecía de seguro obrigatorio.

Noticias relacionadas