O Concello de Lugo entregou esta tarde os composteiros aos veciños e veciñas que se acolleron a este programa pioneiro de compostaxe  

Martes, 06 de mayo de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, asistiron esta tarde á reunión que mantiveron especialistas en reciclaxe de Sogama cos veciños e veciñas que forman parte deste primeiro programa de compostaxe que se desenvolve na zona rural de Lugo.

Lugo é a primeira das grandes cidades galegas na que se pon en marcha este programa para favorecer a compostaxe, no que participarán tanto veciños da zona rural como residentes en urbanizacións ou na cidade que teñen unha segunda vivenda. Os participantes no programa aprenderán a perfeccionar unha técnica que se usaba de toda a vida na zona rural pero neste caso farase compost dun xeito máis científico.

Multimedia