Marica e Tereixa Campo protagonistas dos premios Entre Mulleres adicados ao papel feminino na cultura

Viernes, 08 de marzo de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde accidental, Luis Álvarez, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presidiron o acto en conmemoración do Día Internacional da Muller, no que se fixeron entrega dos premios Entre Mulleres, que este ano estaba era unha homenaxe ao papel da muller no eido cultural.

Na súa intervención Luis Álvarez, felicitou as mulleres galardonadas das que dixo “sodes un exemplo do papel fundamental que ten o mundo da cultura á hora de ser unha sociedade máis igualitaria”. Neste sentido, tamén se referiu a que “agardo que dentro de pouco non teñamos que celebrar este día porque eso significaría que a igualdade entre mulleres e homes sería total e real, ese é o noso compromiso”.

Pola súa parte, Ana González Abelleira, explicou que “levamos 102 anos dicindo que conmemorando que pintamos algo na sociedade e agora o que temos que facer é celebralo e pedir que non se nos deixe atrás xa que somos máis da metade da poboación”. Ademais “pensamos que a cultura é un medio fundamental para difundir a igualdade e para traballar a prol dela por iso pensamos que as mulleres do mundo da cultura deberían ser as protagonistas hoxe” segundo explicou a Concelleira.

Nesta edición os galardóns foron para Marica e Tereixa Campo, dúas irmás adicadas á en corpo e alma á educación e ao mundo da cultura e unha mención especial, a título póstumo, á Concepción Basanta.

Marica Campo naceu ao Sur de Lugo, e alí pasou os primeiros anos. Estudiou en Lugo, mais pasaba o curso soñando co verán no Val do Mao. Con 15 anos quixo ser misioneira onde ninguén apostaba que aguantase pero foron cinco anos, tres meses e vintecinco días. En Salamanca cursou estudos de Teoloxía e o título de mestra en dous cursos, por libre, tamén iniciou Filosofía e Letras. Contacto y acción revista dos seus primeiros relatos en castelán. Durante anos escribíu poemas que non sempre publicou (poesía, prosa, teatro,...). Tamén algunha letra para Fuxan os Ventos.
Algunha das obras que publicou foron en poesía Tras as portas do rostro, Pedinche luz prestada, Sextinario: Trinta e seis máis tres e Abracadabras. En narrativa ten obras como Confusión e morte de María Balteira, Memoria para Xoana, E Xoel aprendeu a voar, e Noutra dimensión. Na área de teatro publicou obras como O Premexentes non pide cos paxaros rebezos, Confusión de María Balteira e a versión teatral do Divino Sainete de Curros. Destaca de ela a seguinte afirmación “Antes que escritora son persoa e, o primeiro, é vivir. Agora, cada vez máis, sinto a necesidade de escribir e penso que, talvez, escribir é vivir”.

Tereixa Campo foi mestra, directora, actriz e autora teatral. Destacan os seus traballos como cofundadora da asociación estatal de profesores de drama "Joven Teatro Joven", cofundadora da asociación de Profesores de Teatro "Barriga Verde" e membro fundador do grupo teatral "Achádego" que este ano cumpre un cuarto de siglo. O seu traballo tamén o desenvolveu como Coordinadora da Aula de Teatro do Campus de Lugo, organización de semanas de teatro nas escolas, directora do teatro escolar e para adultos e membro do Orfeón Lucenses e da Coral Lugh.

Concepción Basanta, falecida o ano pasado, estudiou farmacia é foi unha muller pioneira na súa área xa que foi a primeira muller Inspectora de Farmacia, e a primeira presidenta en Lugo de Mans Unidas. Dela destacaronse as numerosas actividades que levou a cabo para mellorar a vida dos que máis o necesitaban.

Multimedia