A Concelleira de Benestar Social visitou as obras para a habilitación dos baixos da Casa Domótica como novo centro social

Jueves, 07 de marzo de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, visitou as obras que se están realizando nos baixos do edificio da Casa Domótica para a creación dun novo centro social no barrio da Residencia.

Ana González manifestou que “se acondiciona este local para que os veciños deste barrio teñan un sitio propio no que poidan desfrutar do seu tempo libre e poidan seguir acudindo ás actividades” ademais de destacar as cualidades do espazo que dixo “moi luminoso e exterior”.

Estas obras de acondicionamento, con contan cun presuposto de 59.259 euros, afectan á pranta baixa e ao entrechan do edificio vaise poder dispoñer dun centro local propio da zona, polo que se trasladará o que actualmente está na rúa Trapero Pardo, polo que se paga un aluguer o que suporá un aforro para o Concello.

As obras que se van realizar son a creación dun local de recepción e almacen no acceso dende o exterior, aseos normais e adaptados, e unha escaleira metálica de acceso ao entrechán con pasamáns e barandillas de aceiro, ademais da adecuación dos espazos para un uso normal. Neste sentido, a Concelleira tamén avanzou que no prazo dun mes e medio os veciños xa poderán pasar as súas horas nese novo espazo.

Multimedia