Oito parroquias do Concello de Lugo contan con nova sinalización turística enmarcado no programa Terras de Auga e Cultura

Jueves, 12 de diciembre de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitou esta mañá a nova sinalización turística instalada en oito parroquias do Concello de Lugo e que forman parte do programa turístico Terras de Auga e Cultura, dos que tamén forman parte os Concellos de Rábade e o Corgo.

No Concello de Lugo instaláronse 24 sinalizacións distribuidas nas 8 parroquias de de San Xoán do Alto, Burgo, Prógalo, Poutomillos, Bacurín, San Pedro de Mera, Santalla de Bóveda e Romeán onde se seleccionaron enclaves de interese histórico, artístico, natural, paisaxístico ou etnográfico.

Carmen Basadre sinalou que “temos unha zona rural moi bonita e con elementos turísticos que temos que explotar e dar a coñecer en primeiro lugar aos cidadáns de Lugo e en segundo lugar a todas as persoas que nos veñen a visitar”. O obxecto deste programa, que conta cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ten un orzamento de 106.449,80 euros, coa axuda de  é a consolidación e a mellora da oferta turística na zona rural, xunto a posta en valor da riqueza patrimonial e que ten como finalidade crear un produto turístico competitivo e específico para a zona rural que favoreza a integración e o desenvolvemento dunha rede de servizos e actividades artelladas a través duns circuítos turísticos.

Estas sete parroquias destacan polo valor patrimonial que conservan, con monumentos de tanta relevancia como o templo de Santalla de Bóveda, a igrexa románica de Bacurín, a igrexa do Burgo e núcleos de especial interese como Vigo, Valín ou Bóveda. O seu valor histórico tamén é indiscutible, pois por elas transcorren o Camiño Primitivo e a Vía XIX. O río Mera as percorre dotando de gran beleza e riqueza medioambiental a súa paixase. No caso de Roméan, foi seleccionada polo seu valor paisaxístico, o bó estado de conservación de lugares como Tellado e o valor patrimonial do Pazo de Arias.

Multimedia