Este xoves comeza a instalación de novas luminarias en Perpetuo Socorro

Miércoles, 11 de diciembre de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Infraestruturas, que dirixe Manuel Chaín, comunica que mañá, xoves día 12, comezarán os traballos de instalación de luminarias na rúa Perpetuo Socorro cos que vai rematar o proxecto de renovación desta rúa e dos servizos no treito Avda Coruña-Río Cabe.

Neste proxecto a Concellería de Infraestruturas investiu un total de 79.000 euros.

Entre mañá e pasado vanse instalar 5 luminarias e por este motivo cortarase o tráfico en horario de 8.00 a 18.30, aínda que se vai garantir o acceso a residentes.