O Concello investirá case 92.000 euros en melloras da seguridade viaria

Miércoles, 17 de octubre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello ten previsto investir case 92.000 euros en diversas melloras da seguridade viaria incluídas no plan de sinalización e seguridade viaria.

A mesa de contratación propuxo hoxe a adxudicación dos traballos incluídos neste plan cun presuposto de 91.757 euros.

O plan consta de actuacións para o pintado de pasos de peóns, paradas de bus, prazas para carga e descarga e para o estacionamento de vehículos en prazas reservadas a persoas discapacitadas, así como para a instalación de bolardos e a sinalización das zonas 30 que se van crear en Augas Férreas e o Barrio Feijóo, entre outras medidas para mellorar a seguridade viaria de peóns e condutores.

O tempo previsto para o comezo dos traballos será, aproximadamente, dun mes e a duración dos traballos ten un prazo máximo de tres meses.