Ata o día 10 de setembro está exposto ó público o censo electoral para votar nas eleccións autonómicas do 21 de outubro

Martes, 04 de septiembre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Con motivo da convocatoria das eleccións autonómicas para o vindeiro 21 de outubro e en cumprimento do calendario electoral, o Concello mantén a exposición pública o censo electoral ata o vindeiro luns, día 10 de setembro.

O censo electoral pechado a día 1 de xuño de 2012 está a exposición pública dende o pasado día 3 para que os veciños e veciñas empadroados/as en Lugo poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, no seu caso, facer as reclamacións oportunas.

A consulta informática das listaxes electorais, que se debe realizar persoalmente, é un trámite necesario e conveniente para toda a cidadanía co fin de garantir o exercicio do dereito ó voto.

O censo exponse nas Oficinas municipais da Ronda da Muralla, 197. O horario é de 9.00 a 14 horas en días laborais e de 10.00 a 14.00 horas o sábado, día 8, e o domingo, día 9.