O acceso da explanada do Pavillón dos Deportes estará cortado dende mañá ata o domingo pola celebración do Rally San Froilán

Miércoles, 05 de septiembre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Mañá, xoves, día 6 de setembro, cortarase ó tráfico o acceso á explanada do Pavillón Municipal dos Deportes, por mor da celebración do Rally San Froilán, dado que o Parque Pechado de Vehículos será instalada na devandita explanada. Este corte de tráfico prolongarase ata o domingo, día 9.

Por este motivo, quedará anulado durante este período de tempo a zona de servizos e estacionamentos reservados para autocaravanas existente nese lugar.

Asimesmo, a Concellería de Protección da Comunidade comunica que se vai acotar unha zona na praza da Horta do Seminario, que se vai valar e precintar, para a instalación este venres, día 7, a zona de Verificacións Técnicas dos participantes no Rally San Froilán.