O Concello felicítase polo arquivo da denuncia do Alcalde de Friol contra Lino González Dopeso pola retirada de carteis colocados en Lugo sen permiso municipal

Jueves, 30 de octubre de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, felicitou hoxe ó seu antecesor na Concellería de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, logo do arquivo da denuncia interposta polo Alcalde de Friol contra o daquela Concelleiro de Lugo. O Alcalde de Friol presentou unha denuncia no Xulgado pola retirada duns carteis publicitarios do seu Concello que foron colocados en Lugo sen contar con autorización municipal.

Ademais, de felicitarse pola resolución xudicial e de darlle os parabéns a González Dopeso, Luis Álvarez salientou que, se el fora veciño de Friol, habíalle preguntar ó Alcalde desta localidade quen corre cos gastos xenerados por esta denuncia contra un Concelleiro de Lugo, se é o Concello de Friol, e polo tanto os veciños dese municipio, quenes pagan do seu peto todos os gastos que ocasionou esa denuncia, entre os que figurou ata a contratación dunha empresa de detectives.

O Voceiro do Goberno local tamén aclarou, na súa comparecencia diante dos medios de comunicación, que o Ministerio de Fomento é a administración titular da Ponte Branco. Fomento mantén a súa competencia sobre esta infraestrutura e, polo tanto, é a administración quen ten a responsabilidade de facerse cargo do seu mantemento.

Luis Álvarez recordou que o Concello non recibiu esta infraestrura, nin ten intención ningunha de facelo, e explicou que, co mesmo argumento, a Xunta de Galicia négase a correr co mantemento do Cuartel de San Fernando.

Álvarez salientou, ademais, que, a diferencia do que sucede coa Ponte, a Xunta non só comprometeu a creación do Centro da Romanización, senón que chegou a convocar e fallar un concurso de proxectos, co conseguinte desembolso económico, para o que dispuxo das chaves do inmoble, do que agora non quere asumir a propiedade, e ata realizou excavacións arqueolóxicas no Cuartel de San Fernando, que a propia Xunta de Galicia declarou Ben de Interese Cultural.

Ademais, o Voceiro do Goberno local declarou que, tal como actúa o Partido Popular, parece pretender que o Concello de Lugo asuma todas as competencias das distintas administracións que gobernan, tanto as da Xunta de Galicia como as do Goberno central.

“Francamente, poden desaparecer do concello de Lugo o Estado e a Xunta de Galicia xa que non fan nada” manifestou Luis Álvarez e engadiu que “se iso é o que queren, non hai ningún problema, o Concello, coa dotación orzamentaria correspondente, farase cargo de todo”.
 
O Voceiro do Goberno local fixo estas declaracións na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local, na que deu conta da aprobación, entre outros asuntos das bases que rexeran o concurso para a provisión de varios postos de traballo no Concello, concretamente dun auxiliar administrativo na Área de Benestar Social e doutro auxiliar administrativo na Oficina de Augas. Nos dous casos, a provisión será entre empregados do Concello con praza en propiedade. Asimesmo, foron autorizados tres reforzos da Policía Local durante os días 1 e 2 de novembro, para regular o tráfico no Cemiterio municipal de San Froilán.

Multimedia